Blogues

Aula de Infantil

1º PREMIO concurso da Festa do Peixe de Bande

Estamos encantadísimos de informarvos de que o debuxo gañador do 1º premio do concurso da  Festa do Peixe de Bande este ano o gañou o noso cativo Miguel, de 6º de Educación Infantil. PARABENS!!

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2018!!!!

Para celebrar un dos días máis importantes da nosa comunidade levamos a cabo unha "xincana" por todo o colexio divididos en grupos mixtos.

Partindo da lectura dunha biografía da autora homenaxeada tiveron que seguir unhas pistas para realizar unha serie de actividades por todas as aulas do centro para rematar a xornada na biblioteca descubrindo o nome da autora.

Tamén decidimos facer unha tarta moi típica de Galicia, repartido nos mesmos grupos realizamos "Tartas da avoa" que degustaron de postre da comida, quedaron riquísimas.

 

 

Distribuir contido