Día do libro

Este curso para conmemorar o Día do libro creamos as nosas propias historias mesturando os títulos de contos tradicionais, creando historias tales como: "Peter Pan no fondo do mar", "Riciños de ouro e a lámpada marabillosa", " Aladino e Pepito Grillo", "Pinocho e a casa de chocolate", ...

Escribimos os libros e fixemos as ilustración dos mesmos e despois saímos polo pobo a repartir copias asinadas dos mesmos entre os veciños, de agasallo tamén repartimos rosas vermellas.

Esperamos que vos gusten!

 

Día da Educación Física na rúa

Saímos por Entrimo para facer Educación Física, movémonos moito e sentímonos mellor! Gracias por acompañarnos.

 

Donas de si!

Gracias á nosa participación no Proxecta "Donas de si" recibimos unha visita que nos foi adiantando información sobre a autora homenaxeada este ano nas Letras Galegas, contáronnos sobre a súa vida e tivemos a sorte de ver en directo a unha ilustradora xenial que nos fixo un debuxo da autora e nos axudou a facer nós mesmos un retrato de Luisa Villalta. Quedaron Xenial!!

 

Distribuir contido