Skip to Content

FEIRA TEMÁTICA

O vindeiro luns 15 de maio dará comezo a nosa Semana Cultural. Comezaremos coa realización da feira temática que inauguramos ás 10:00 horas coa realización de talleres: cestería, teares, barro, pan e ourivería. Quedades todos convidados á participación nos mesmos.

A partir das 13:30 horas comenzará o xantar de convivencia, para o que contamos con todos vós. O alumnado que non participe no mesmo e queira facer uso do transporte escolar para ir a comer a súa casa deberá traer unha nota asinada polos pais.

A partir das 16:00 horas poderemos disfrutar de música floclórica ofrecida pola APA Loureda, así como dunhas actuacións do alumnado de 3º, 4º e 5º a cargo da profe Eva.

Ás 17:15 finalizarán todas as actividades. O transporte funcionará de maneira habitual.

***Ningún alumno pode marchar antes da hora.



  

story | by Dr. Radut