Skip to Content

XUBILACIÓN DUNHA MESTRA EXCEPCIONAL

Hoxe xubílase unha compañeira, unha grandísima profesional, unha MESTRA con maiúsculas. Como tal, foi un exemplo para todos e todas os que tivemos a enorme sorte de compartir con ela tantísimos proxectos, mil inquedanzas en col da escola e do ensino, de emprender cada día coma se fose o primeiro, incansable ante o traballo, responsable, respetuosa, cunha capacidade extraordinaria para enxuizar positivamente as dificultades que inevitablemente xurden no desempeño dunha labor tan marabillosa como difícil como é a nosa.

Xubílaste na vida laboral, pero sempre formarás parte deste claustro, porque eres unha persoa  excepcional. Deixas unha impronta moi dificil de alcanzar. Tampouco o pretendemos. Somos realistas. Todos agradecemos na alma ter sido os teus compañeiros. Que disfrutes desta nova etapa. Gañáchela a pulso.

 

 

 



  

story | by Dr. Radut