Skip to Content

CHARLA "HIXIENE BUCO-DENTAL"

08/03/2012 22:00
Etc/GMT+2

O coñecemento  da propia boca, o nome dos dentes, o seu número, as moas, cando nacen, cando soe empezar a visita do ratiño Pérez....O super, super-importante que é cepillar os dentes tres veces ao día, cómo cepillarnos, o uso do fluor...O perigo de comer moitas chucherías....Ata cando usar o chupete, pasar do biberón aos alimentos masticados... Cando debemos facer a primeira visita ao dentista...

Todo isto e moito máis foi obxecto dunha charla que a doctora Elba Freire, dentista de Noia,  impartiu ao alumnado, repartido en dous grupos: primeiramente, os máis pequenos -Infantil e 1º ciclo de Primaria- e, despois, os restantes. Elba e as súas colaboradoras conseguiron manter extraordinariamente ben a atención do alumnado durante a exposición dos contidos.

Ademais de aprender un montón de cousas sobre cómo deben coidar a boca, todos sairon cun agasallo que a propia Elba traía para eles.

Este tipo de colaboracións desinteresadas entre diferentes profesionais e os centros educativos resultan sumamente interesantes e contribuen á apertura da escola ao exterior.



  

event | by Dr. Radut