Skip to Content

GRUPO DE TRABALLO

18/01/2012 22:33
Etc/GMT+2

Onte, martes, tivo lugar a primeira xornada de docencia do grupo de traballo que se formou este curso para aprender a manexar a pizarra dixital. Unha ducia de mestres do Centro solicitamos a aprobación dun proxecto en torno á PDI e as súas aplicacións na aula, do que é coordinadora a mestra Montserrat Vázquez. 

Fixamos a seguinte docencia para o martes, 31 de xaneiro.

Medios non é que dispoñamos de moitos, pero, por se algún día os temos, que non nos pillen desprevenidos.



  

event | by Dr. Radut