ORIENTACIÓN

INTELIXENCIA EMOCIONAL EN FAMILIA

 

Dende o Departamento de Orientación queremos compartir convosco os seguintes CADERNOS DE EDUCACIÓN EMOCIONAL para favorecer o desenvolvemento das emocións dos/as nenos/as en familia; ademais de plantexar diversas actividades para a xestión do tempo de lecer.

Estes cadernos organízanse por niveis educativos:

-  EDUCACIÓN INFANTIL.

- 1º e 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA.

- 3º e 4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA.

- 5º e 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA.

CONVIVENCIA EN FAMILIA

 

"AMAR É A MELLOR FORMA DE CONVIVIR"

Editorial Palabras Aladas agasallanos co libro Amar durante a corentena do coronavirus.

Amar en cuarentena por el coronavirus

Este libro pretende favorecer unha convivencia harmónica, explorando diferentes emocións. Dende o Departamento de Orientación propoñémosvos ler en familia unha páxina deste libro  compartindo as vosas emocións e sentimentos.

Outra actividade que podedes facer é CREAR A VOSA ÁRBORE . Esta árbore podedes situala nunha parede de casa, e completala  con aquelas palabras necesarias para xerar un axeitado clima de convivencia. Podedes ademais enriquecela  con experiencias propias.

Este espazo pode empregarse como un lugar onde os/as nenos/as poidan acudir no caso de estar tristes, enfadados/as e agobiados/as.

 

 

 

AUTOESTIMA FRONTE O ACOSO ESCOLAR

" NINGUÉN PODE FACERTE SENTIR INFERIOR SEN O TEU CONSENTIMENTO"

O día 2 de maio celébrase o Día Internacional da loita contra o bullying ou acoso escolar. Nesta loita xoga un papel fundamental a autoestima; xa que se o/a neno/a ten un autoconcepto positivo de sí mesmo/a permítelle adquirir seguridade  para defenderse, e así facer fronte ao acoso escolar.

Dende o Departamento de Orientación queremos propoñervos unha serie de actividades para realizar cos/as nenos/as, que lles permitirá fortalecer a súa autoestima e adquirir diferentes valores, como son: a resolución pacífica de conflitos, o respecto e a comunicación, sendo cada un deles necesarios para a prevención do acoso escolar. Estas actividades plantéxanse a modo de retos, que deberán superar para poder convertirse en SUPERHEROES E SUPERHEROÍNAS contra o acoso escolar.

RETO 1: Visionar a presentación

RETO 2: Fortalecer a autoestima.

Xa que seguimos confinados en casa podemos fortalecer a autoestima de toda a familia. 

  1. Colocamos tantos vasos ou frascos de cristal como integrantes haxa na familia, e poñemos o nome por fora.
  2. Escribimos palabras ou frases positivas de cada membro da familia e colocamolas no seu vaso ou frasco correspondente.
  3. Unha vez rematada a actividade, podemos ler o que nos escribiron.

RETO 3: Visionar a curtametraxe.

- Educación Infantil.

- Educación Primaria.

RETO 4: Resolvemos problemas

RETO 5:  Facemos un muralSe chegades a este reto, FIXESTELO MOI BEN!!. Faremos un mural, no cal faredes un debuxo de vos mesmos/as sendo superheroes ou superheroínas que loitan contra o acoso escolar (un horrible monstro). Unha vez finalizado, añadiredes o segunte eslogan:

Eu son (unha cualidade positiva que vos describa) e emprego o meu poder para loitar contra o acoso escolar.

 

ORIENTACIÓNS PARA COMBATIR O CIBERBULLYNG OU CIBERACOSO

 

ORIENTACIÓNS PARA AS FAMILIAS PARA AXUDAR A FOMENTAR A AUTOESTIMA NOS/AS NENOS/AS

 


 

Para dar sentido a cada punto proposto pola psicóloga Patricia Ramírez, dispoñedes do seguinte vídeo.

 

GUÍA PARA AS FAMILIAS. Axúdalle fronte ao acoso escolar. Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia.

 

INTELIXENCIA EMOCIONAL

"SEMENTA EMOCIÓNS E RECOLLERÁS CALMA"

A intelixencia emocional permítenos mellorar a nosa capacidade de adaptación aos cambios e a nosa resistencia natural a estes. Por esta razón  é fundamental preparar aos nenos e nenas para que sexan capaces de expresar o que senten; sendo conscientes de que en cada un de nós existen emocións negativas e positivas. Para abordar as distintas emocións propoñémosvos unha serie de actividades.

- Conto: EL MONSTRUO DE COLORES de Anna Llenas.

- Xogo interactivo: LA RULETA DE LAS EMOCIONES.

- Música para sentir e expresar  emocións. Unha vez que as escoitedes, podedes facer un debuxo libre desenvolvendo a vosa creatividade escoitando de novo as pezas musicais; ou podedes expresar a través do voso corpo esa emoción.

- App móbil: Aprende las emociones.

 

CÓMO PREPARAR AOS NENOS E NENAS PARA O DESCONFINAMENTO

Dende o  Departamento de Orientación deixámosvos unha serie de recomendacións e orientacións para xestionar estas saídas:

- As saídas de nenos e nenas regúlanse no B.O.E.

- As saídas deberán cumprir unha serie de condicións ( Documento adxunto).

- Guia rápida sobre a saída dos/as nenos/as durante o desconfinamento. 

- Conto para preparar aos nenos e nenas para saír de novo á rúa.

- Cómo actuar se non queren saír por sentir medo ( Documento adxunto).

 

MOITO ÁNIMO E SEXAMOS RESPONSABLES!!

 

CONTROL DE ANSIEDADE E ESTRÉS

"POR MOI LONGA QUE SEXA A TORMENTA

SEMPRE SAE O SOL"

 

A alerta sanitaria xerada pola epidemia do Coronavirus( COVID 19) pode xerar malestar psicolóxico, polo que dende o Departamento de Orientación queremos deixarvos algunhas recomendacións e guías para axudarvos á afrontar esta situación da mellor maneira posible, sendo quen de controlar,  a ansiedade e o estrés.

 

FELICES VACACIÓNS

VAMOS A SAÍR DESTA E DE MOITAS MÁIS

Dende o Departamento de Orientación queremos desexarvos unhas felices vacacións. Serán unhas vacacións DIFERENTES e EMOCIONANTES, polo que a vosa misión é ser fortes. Pensade que non estamos encerrados en casa, senón a salvo nela;razón pola cal vamos a coidar e  mimar a nosa familia durante este tempo. Deixámosvos algunhas propostas  :

  1. Visitas virtuais a trece lugares marabillosos.
  2. Experiencias e experimentos para entreterse en casa.
  3. Lectura en familia. Contos Olga de Dios: Pájaro Amarillo, Leotolda, Familia.

 

RETRINCOS DE CORES

 

Desde o COPG( Colexio oficial de psicólogos de Galicia) acaban de publicar " RETRINCOS DE CORES", un material para traballar cos nenos e nenas esta emerxencia sanitaria a través do debuxo. Podedes descargar o PDF e traballalo cos vosos fillos e fillas.

 

 

RECOMENDACIÓNS CORONAVIRUS

TODO SAIRÁ BEN 

Dende o Departamento de Orientación do CEIP Santa Irene queremos deixar unha serie de recomendacións que poden ser útiles para dar unha resposta educativa, ante esta excepcional situación como é o ESTADO DE ALARMA debido o COVID-19.

 1. CONSELLOS PSICOLÓXICOS:

2. RECURSOS PARA EXPLICAR O CORONAVIRUS ÓS/ÁS NENOS/AS:

3. PAUTAS DE ACTUACIÓN ALUMNADO TEA:

4. RECOMENDACIÓNS BÁSICAS PARA A CONVIVENCIA.

5. INICIATIVAS

Distribuir contido