Escolares
Procedemento de Admisión
Dende hoxe e ata o 20 de marzo está aberto o prazo para presentar solicitudes de admisión para novos alumnos.
Calendario do proceso de admisión.
- Do 1 ó 20 de marzo (ambos incluídos)
- Presentación de solicitudes de admisión. A solicitude será única e presentarase no centro escollido en primeiro lugar. Esta solicitude poderá cumprimentarse:
- Na aplicación https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado
- De forma manual. Recollendo instancia no centro ou descargándoa.
- Na sede electrónica da Xunta de Galicia.
- Do 24 de marzo ó 6 de abril :
- Recollida de documentación acreditativa dos criterios do baremo (no caso de ter máis solicitudes que prazas).
- O 25 de abril:
- Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos.
- Pódese presentar reclamación contra ditas listaxes nos seguintes 5 días hábiles contados desde o día seguinte á súa publicación.
- O 15 de maio:
- Publicación das listaxes definitivas de admitidos e non admitidos.
- Do 20 ó 30 de xuño:
- Formalización da matrícula do alumnado admitido en E.Infantil e Primaria.