Skip to Content

Programa de Educación para a Saúde

 

Durante o curso 2012/13, o noso colexio intervirá novamente no II Programa de Educación para a Saúde, Educa Saúde, organizado polo Concello en colaboración coa asociación ADAFAD.

Durante os meses de marzo e abril, o alumnado do 3º ciclo de Educación Primaria participará nas diferentes charlas que se impartan no centro, durante o horario lectivo, sobre o uso responsable de Internet.

Ao mesmo tempo, polas tardes, celébranse unhas charlas para as familias coa mesma temática das que reciben os alumnos e alumnas.

Neste enlace podedes consultar o programa e as datas. Ademais, tedes un recordatorio, coma é habitual, no calendario de eventos.

Animádevos a participar!

 

O centro participa, durante o curso 2011/12,  no I Programa de Educación para a Saúde, Educa Saúde, organizado polo Concello. Neste enlace podedes descargar o folleto informativo.

Durante o segundo e terceiro trimestre estanse a desenvolver diferentes obradoiros para o alumnado de Educación Infantil e Primaria en horario lectivo.

Ao mesmo tempo polas tardes celébranse unhas charlas para as familias coa mesma temática das que reciben os alumnos e alumnas.

As charlas son impartidas por profesionais: pediatras, educadores sociais, psicólogos e matrona.

Mentras os pais e nais participan nas charlas, os nenos e nenas serán atendidos por monitores nuns obradoiros emocionais.

Neste enlace podedes consultar as datas.



page | by Dr. Radut