Admisión alumnado
ADMISIÓN EXTRAORDINARIA
Para realizar a admisión extraordinaria (fora dos prazos establecidos) deberase cubrir o seguinte FORMULARIO e presentalo na Xefatura Territorial ou no centro solicitado en primeiro lugar acompañado da seguinte documentación:
APERTURA DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO PARA O CURSO 2022-2023
·PRAZO DE PRESENTACIÓN:
Do día 1 ata 21 de marzo (ambos inclusive).
- Cando o número de solicitudes sexa superior ao de postos dispoñibles, o centro abrirá un prazo de 10 días hábiles, entre o 24 de marzo e o 6 de abril, ambos incluídos, para presentar, de forma presencial no centro, a documentación xustificativa dos criterior xerais de admisión alegados pola persoa solicitante.
- Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos: ANTES DO 25 DE ABRIL. Poderán ser obxecto de reclamación nun prazo de 5 días hábiles.
- Publicación definitiva das listaxes de admitidos e non admitidos: ANTES DO 15 DE MAIO. Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o responsable da Xefatura Territorial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes.
- O alumnado admitivo no centro poderá formalizar a súa inscripción do 20 AO 30 DE XUÑO.
·IMPRESOS:
Solicitude de admisión en educación infantil e primaria (Anexo II).
- Cubrir a solicitude informáticamente e asinala na Sede Electrónica
·PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:
- Na sede electrónica con certificado dixital ou Chave365.