Skip to Content

Blog do Equipo de Dinamización de Lingua Galega

LETRAS GALEGAS 2021

  

>>Pinchando na imaxe atoparás moitos recursos para traballar a figura de Xela Arias<<

Dámoslle a benvida ao ENTROIDO!

      

 

Este ano celebraremos un Entroido un pouco atípico para todos/as, pero non por iso deixaremos de brincar e gozar. 

Dende as aulas estamos aprendendo e adentrándonos no Entroido tradicional de Galicia, dese Antroido ou Introido do que tanto falan. Faremos un paseo por Xinzo de Limia, Viana do Bolo, Verín, Laza,... da man das Pantallas, Boteiros, Cigarróns ou Folións. É todo isto sen movernos de Neda.

 

 Que comece a festa!

 

O venres foi o gran día. Xa a primeira hora os pequeniños/as comezaron con bailes e música, aos que seguiron os demais cursos. Por aulas, ordenadiños por quendas e mantendo a distancia de seguridade. A música e os bailes viñeron da man das profesoras da academia de baile “Paso a paso” de Fene. Despois para repoñer folgos a ANPA tíñanos preparada unha merenda típica destas festas. Unha caixiña individual para cada neno/a con filloas, orellas e torrixas.

Para rematar o día, gravamos o vídeo deste Entroido 2021 coas nosas caretas decoradas e cantando o versos que tanto practicamos.

 

 

<<<PREME NA IMAXE>>> 

DIA ESCOLAR POLA PAZ E A NON VIOLENCIA

O día 29 de xaneiro conmemoramos no noso cole o Día da Paz. Este foi o resultado da nosa árbore dos desexos.

>>> pinchade na imaxe<<<

O APALPADOR

Dende o Equipo de Normalización da Lingua Galega do CEIP San Isidro facemos visible a figura do Apalpador, tan importante para o Nadal de Galicia. Deixámosvos información sobre este curioso velliño. 

FAI CLIC NA IMAXE

LETRAS GALEGAS 2020

O 17 de maio celébrase o día das Letras Galegas, este ano a Real Academia Galega traslada a conmemoración oficial, por motivo da pandemia que estamos a sofrir para o 31 de outubro de 2020

A continuación, tedes unha serie de enlaces onde encontraredes a biografía e unidades didácticas, tanto para educación infantil como para educación primaria, sobre a figura de Ricardo Carvalho Calero, o autor a quen se lle adica este ano o día das Letras Galegas. 

 

BIOGRAFÍA

 

Biografía feita polo EDLG do CEIP Plurilingüe San Pedro de Visma (A Coruña)

 

Biografía Seminario Galán

 

 

Biografía da Real Academia Galega

 

UNIDADES DIDÁCTICAS INFANTIL E PRIMARIA

 

Secretaría xeral de Política Lingüística

Seminario Galán

 

Fichas Real Academía Galega

 

Cidade da Cultura

 

Coordinadora de Equipas de Normalización lingüística de ferrolterra

 

 

 

ACTIVIDADES INTERACTIVAS

 

 

Asociación Galega da Lingua (AGAL)

 

 

Colexio San Pío X

 

Seminario Galán

 

Anuska

 

Afiestradamestra.gal

 

Kyara (Educación infantil)

 

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut