Visitas á Web

hit counter

Bibliotecas escolares | Blog de Bibliotecas escolares

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Outras Actividades

Diversas Actividades promovidas polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega no Centro.

A Romanización en Galicia

Estes días tivemos a visita do divulgador cultural Héitor Picallo, estudoso da historia, especialmente na nosa comarca. Deunos unha clase maxistral da romanización en Cuntis e Caldas.

Foi toda unha sorte poder ver de primeira man as súas investigacións neste eido. Seguimos avanzando no proxecto deste ano, Clementius Clemens (A romanización en Galicia)

 

Día das Artes galegas 2022

Hoxe é o Día das Artes Galegas no que se rende homenaxe ao pintor LAXEIRO.

Laxeiro ademais de pintor, foi tamén un xenial debuxante. Na prensa "El pueblo gallego", ao longo do ano 1929, plasmou unha serie de  debuxos sobre a vida galega. 

Hoxe, nenos e nenas de 4 anos déronlle cor aos debuxos de Laxeiro.

 

Semana da prensa 2022

Queremos agradecer a todas a familias a súa colaboración na creación do noso "Xornal sobre o Camiño de Santiago", onde recollemos unha gran variedade de noticias relacionadas con esta tradición nosa. Esta actividade desenvolveuse durante a Semana da Prensa deste 2022. Moitas grazas pola vosa colaboración.
 

Día da Poesía 2022

O alumnado de 3º de Primaria recita uns poemas extraídos do libro "Zapatos máxicos", cos cales conmemoran o Día da Poesía.

O alumnado de Educación Infantil recita o poema "Os peregrinos", de Antonio G. Teijeiro para conmemorar o Día da Poesía deste ano 2022. Esperamos que vós guste moito.

"Dígocho eu" 2022

Aquí está o programa do "Dígocho eu" que viñeron gravar ao Centro.

Os Bolechas no cole

O 29 de maio a TVG emitiu o seu programa do noso cole sobre a igualdade. Podedes velo pinchando no seguinte enlace: 

http://www.crtvg.es/infantil/programas/os-bolechas-no-cole/os-bolechas-i...

DÍA DAS ARTES GALEGAS (1/04/2019)

A Real Academia Galega de Belas Artes adicou o Día das Artes Galegas a Luis Seoane. O noso alumnado de Educación Infantil tamén o homenaxearon adaptando as súas obras : Os limóns, Bodegón de peixes, Centola e cítricos e Bodegón de peras.

 

 

  

Diploma Real Academia Galega

Hoxe recibimos un diploma da Real Academia Galega pola nosa participación no Certame Cóntadenos o voso Día das Letras, dentro do proxecto educativo Primavera das Letras, o curso 2017-2018, a prol da difusión da figura e obra de María Victoria Moreno e da nosa lingua e cultura.

Himno Galego

Co motivo do pasamento de Eduardo Pondal o centro fixo un flashmob co Himno Galego.

III CONCURSO MICRORRELATOS

Este ano a palabra escollida foi "NOITE". No concurso participou todo o alumnado do centro con microrrelatos que non superasen as 100 palabras.

Os gañadores foron os seguintes : Daniela Cobas (3 anos), Antía Rivas (4 anos), Mateo Abalo (5 anos), Enma Luna (1º), Roi Pesado (2º), Inés Blanco (3º), Nerea Iglesias (4º), Uxía Iglesias (5º) e Valeria Souto (6º).

Bo traballo rapaces!

Aproveitouse ademáis para sortear as cestas elaboradas no obradoiro de cestería (podedes ver as fotos no apartado de actividades complementarias). O azar quiso que levasen a cesta : Xiana Iglesias, Rebeca Pérez e Ángel Méndez.

Noraboa a todos! 

Neste vídeo recollese un resumo do día.