Visitas á Web

hit counter

Bibliotecas escolares | Blog de Bibliotecas escolares

Punto Laranxa contra o acoso escolar

1º Curso

LISTA DE MATERIAL ESCOLAR 2024/2025

A continuación deixamos a vosa disposición a lista de material escolar para este curso 2024/2025.

Paso de Infantil a Primaria

Alumnado do cole e novas incorporacións coñeceron as instalacións,  falaron sobre a nova etapa, en equipos fixeron un debuxo cooperativo sobre o cole e xogaron para ir coñecéndose. Todo coa axuda dos maiores,  que agora están en primeiro.

Por último, levaron un detalliño da nosa mascota feito polos compis maiores para que en verán recorden o cole e o cambio de etapa cun bo sabor de boca.

 

Día da Paz 2024

O alumnado do primeiro ciclo, xuntámonos para celebrar o día da paz. Lemos o conto Abaixo os muros e falamos da guerra e da paz. Fixemos un traballo en equipo para demostrar que a paz é o único camiño. Este é o resultado de traballar unidos e respectándonos.

 

Os Diversombras presentan "Elmer outra vez"

O grupo Diversombras, formado polo primeiro curso de Educación Primaria do CEIP Plurilingüe San Clemente de Cesar, presenta a súa primeira obra de Teatro de Sombras, representando o conto "Elmer outra vez". Desexamos que vos guste a función.