Visitas á Web

hit counter

Bibliotecas escolares | Blog de Bibliotecas escolares

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Entroido

Entroido Castrexo 2023

Neste curso escolar 2022-2023, o noso entroido centrouse nos diferentes Castros espallados pola nosa Comunidade. Aquí presentamos como se desenvovleu o noso entroido.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Para rematar o Entroido, gustaríanos compartir con todos vós un vídeo que resume o proceso de elaboración do noso disfraz de castrexos e castrexas. Nesta ocasión a titoría de 3º de Primaria explícanos todo o proceso: como tinguiron as teas, como elaboraron as súas pulseiras e puñais, a fabricación dos colgantes da tribu e a aplicación da técnica de estarcido para rematar os seus disfraces.

 

Entroido 2022

Compartimos con todos vós os mellores momentos deste entroido 2022: disfraces, obradoiros de filloas e máscaras, e moito máis...

Obradoiro de filloas: https://www.facebook.com/media/set/?vanity=ceip.sanclemente&set=a.370821408383536

Obradoiro de máscaras e disfraces: https://www.facebook.com/media/set/?vanity=ceip.sanclemente&set=a.370841485048195

Coñece o teu entroido

O alumnado de 4º de Educación Primaria explícanos o Entroido Galego. 

Entroido 2021

Un ano mais, festexamos o Entroido no Centro, inda que sexa de xeito diferente. Aquí presentamos algunhas das actividades realizadas polo alumnado do Centro.

 

E aguí temos aos mais pequenos do cole, entusiasmados cos seus disfraces.

E aquí un recopilatorio dalgúns dos mellores momentos deste Entroido tan diferente.

ENTROIDO 2015 : VISITA DOS XENERAIS DO ULLA

Este ano, no centro, estivemos traballando o ENTROIDO GALEGO e esta foi a nosa temática para deseñar as nosas disfraces.

O pasado 12 de febreiro tivemos unha visita especial no centro. Viñeron os Xenerais do Ulla da parroquia de Santa María de Couso (A Estrada). Luis Souto explicounos todo acerca dos xenerais e ensinounos o traxe dos coros dos bonitos e o seu sombreiro así como as vestimentas dos correos e os xenerais que lucían.

Os mais pequenos, de idades comprendidas entre os 6 e os 14 anos, encargáronse de representarnos os atranques (enfrontamentos dialécticos) e os vivas.

 

 

 

Grazas ós centinelas, correos e xenerais Alicia, Pedro, Brais, Marta, Tegra, Mencía, Carmela, Adrián e Lucía

(alumnado do CEIP Villar Panamá e o IES nº 1 de A Estrada) e a Luis, Iván e Manuel.