Despois da Educación Primaria... hai moitas opcións!

Despois da Educación Primaria, hai moitas

opcións!

 

Dende o CEIPP San Benito de Lérez queremos fomentar e lograr unha educación de calidade para todo o alumnado, desenvolver o máximo posible as súas potencialidades e, xa que logo, contribuír á mellora da calidade do sistema educativo de Galicia. Por iso, dentro dos Contratos-Programa Inclúe (CPInclúe) queremos informaros sobre diversas ofertas formativas públicas que se ofrecen ao alumnado que sae da Educación Primaria. 

 

Estas son as webs amigas do noso cole! Bota un ollo! 

 

 

(Clicando sobre as imaxes podedes obter moita máis información sobre cada centro de ensinanza, a súa oferta educativa e os seus servizos)

 

 

Formación Secundaria?

 

Ao terminar os seis anos de primaria, os nenos pasan a cursar a secundaria, onde as materias e coñecementos esténdense cara a outras áreas que lles axudan a ter un maior entendemento do mundo nos seus diversos ámbitos, a súa historia e o seu funcionamento. A escola secundaria é o lugar que lles brinda unha contorna sa e agradable para desenvolver as súas habilidades cognitivas, motrices e sociais.

 

 

IES A XUNQUEIRA I 

 

iES Xunqueira I

 

iES Xunqueira I

 

 

 

IES A XUNQUEIRA II

 

iES Xunqueira II

 

 

Formación profesional?

 

A Formación Profesional pon en valor o ensino baseado na adquisición de coñecementos e habilidades prácticas para formar profesionais cualificados para unha inmediata incorporación ao mercado laboral.

 

Tras a finalización da ensinanza primaria, o alumnado pode acceder aos ciclos formativos de grao básico. Son, polo tanto, unha oportunidade motivadora para os todos os estudantes que teñan dificultades durante a Educación Secundaria Obrigatoria e non consigan titular. 

 

Despois de rematar a ESO, o alumando pode acceder a un ciclo de grao medio. E, tras o remate do Bacharelato, a un ciclo de grao superior. Para acceder a un grao superior sen bachallerato pódese cursar previamente un Grao Medio.

 

No caso de non ter ningún tipo de titulación, e sendo maior de idade, o estudante tamén pode presentarse a unha proba de acceso a ciclos formativos de grao superior. 

 

CICLOS FORMATIVOS

 

Ciclos Formativos

 

PROGRAMAS INTERNACIONAIS

 

Formación Internacional

 

 

 

 

 

 

Formación universitaria?

 

É preciso dispor do título de Bacharelato e superar os exames ABAU. O estudante pode acceder a unha oferta laboral maior. Ao acabar o grao universitario, pode buscar a especialización a través dun mestrado.

 

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA 

 

USC

 

 

UNIVERSIDADE DE VIGO 

 

UVigo

  

 

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

 

UDC

Algunhas estadísticas?

 

DATOS DO ENSINO NON UNIVERSITARIO 

 

Datos do Ensino Non Universitario

 

DATOS DO SISTEMA UNIVERSITARIO DE GALICIA

 

Datos do Sistema Universitario de Galicia

 

 

 Cales son as carreiras universitarias con máis saída laboral? 

 

 

 

Feira de Ensinanzas Artísticas e Profesionais de Vigo

 

Por último, nos ficheiros adxuntos atoparedes o cartaz da 7ª Feira de Ensinanzas Artísticas e Profesionais e Vigo. Celebrarase os vindeiros días 13 e 14 de marzo de 2023 no Hall do Auditorio Mar de Vigo, e o noso cole está convidado a asistir. 

 

Trátase dunha feira enfocada a todos os niveis educativos, ciclos medios e superiores, formación técnica ,universidade... con especialidades de: moda, administración, deseño gráfico, deseño de interiores, idiomas, imaxe e son, actividades físicas e deportivas, xemoloxía, traballo social, dereito, xoiería, interiorismo, enxeñaría enerxética, esgrima, música, educación infantil, historia da arte... entre outros.

 

Máis de 30 títulos universitarios, máis de 600 cursos de formación permanente, 79 másteres, 13 micrograos, máis de 30 ciclos formativos e outras formacións técnicas estarán presentes nesta edición.

 

AdxuntoTamaño
feria de ensen_anzas 2023.pdf155.4 KB