Club de Ciencias

Benvidos ao Club de Ciencias do CEIPP San Benito de Lérez

Presentámosvos o novo Club de Ciencias do CEIPP San Benito de Lérez. Un espazo no que os nosos alumn@s daran renda solta a súa curiosidade. Faremos investigacións e experimentos que estimularán a súa creatividade e espertarán a interese polas ramas científicas. 

Trátase dun proxecto da Xunta de Galicia para impulsar e potenciar as vocacións STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxenería e Matemáticas) fomentando, especialmente, a presenza feminina. 

 

Os contidos están adaptados ao nivel cognitivo dos nenos e favorecerán a formación en valores, o pensamento crítico, a cultura do esforzo e o traballo en equipo. 

 

As sesión prográmanse para os luns: 14 de novembro, 12 de decembro, 9 de xaneiro, 6 e 13 de febreiro, 6 e 13 de marzo, 8 de maio, 5 e 12 de xuño.

 

O horario é de 16:15 horas a 18:15 horas, e o noso laboratorio particular está ubicado na aula de Plástica do primeiro andar.

 

 

O “Club de Ciencia” defínese como un espazo de aprendizaxe non formal baseado nunha metodoloxía de indagación onde os docentes suxiren diferentes accións enfocadas ao alumnado co obxecto de que podan dar resposta ás súas curiosidades, aos seus intereses e resolver problemas.

 

Contamos con microscopios, circuitos eléctricos, material de robótica, pizarra etc. E iremos incorporando moitos máis materiais interesantes ao longo deste e dos vindeiros cursos. Coma sempre, é vital coidar as ferramentas e darlles un bo uso, quedando sempre debidamente recollidas. 

 

Deixámosvos adxuntos a Resolución do 17 de xuño de 2022, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se convoca a participación no programa de innovación educativa “Club de Ciencia” para centros docentes públicos da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades durante o curso 2022/23. E a Resolución definitiva dos centros docentes admitidos para participar no programa de innovación educativa “Club de Ciencia”.

 

Animádevos a participar!!

AdxuntoTamaño
club_de_ciencia_22_23.pdf525.34 KB
resolucion_definitiva_club_de_ciencia_2022_23_.pdf729.39 KB