Encontros deportivos

Encontros deportivos

Durante estos dous trimestres, diferentes cursos do CEIP San Benito de Lérez realizamos varios encontros deportivos con outros centros cercanos, levados a cabo polo Xogade. Nesta publicación faremos un breve resumo de todos eles!!

No primeiro trimestre dous colexios acudiron ao noso centro, onde tiñamos preparadas unha serie de actividades:

- Venres 1 de decembro: Os nenos e nenas de 6º do CEIP A Xunqueira 1 pasaron a mañá co noso mesmo curso. Xogamos ao voleibol, ao kickball, á pelota canadiense e ao floorball.

- O seguinte encontro foi o venres 15 de decembro co alumnado do CEIP Álvarez Limeses. Desta vez xuntáronse os cursos de 4º de primaria. En lugar de voleibol fixemos probas de atletismo! Os outros tres deportes alternativos foron os mesmos.

En ambos casos tíñamos como finalidade socializar e facer novas amizades. Os grupos foron entre ambos colexios e mixtos! No recreo tíñamos mazás e auga, e tivemos tempo libre para coñecernos mellor.

Neste trimestre que está a punto de acabar seguimos coa mesma proposta:

- O mércores 24 de xaneiro os alumnos/as de 5º fumos ao CEIP de Parada Campañó. Xogamos aos 3 deportes alternativos que tenemos en común en tódalas saídas do Xogade e tamén realizamos probas de orientación.

- Ao alumnado de 3º e 4º tocoulle ir ao CEIP Vilaverde o venres 23 de febreiro. Ademais dos tres xogos, fixemos probas de atletismo.

Por último, os nenos e nenas de 3º tiveron unha xornada de loita no CGTD. Algo diferente que practicamos días anteriores na clase. Foi moi divertido e aprendimos xogos e técnicas novas!!

Todas as fotos na galería do cole