Solicitude de reserva de praza para o alumnado que cambia de etapa educativa

 

Solicitude de reserva de praza para o alumnado

que cambia de etapa educativa

 

Boas! 

 

Nesta entrada, deixámosvos a documentación que precisades cubrir para a reserva de praza do alumnado que cambia de etapa educativa (Educación Infantil a Educación Primaria, Educación Primaria a Educación Secundaria Obrigatoria,...) e desexa continuar estudos no centro de adscrición.

 

O alumnado de 6º continúa os seus estudos no IES A Xunqueira 1. O prazo de entrega da documentación é do 16 de xaneiro ao 6 de febreiro.

 

As solicitudes presentaranse no centro de orixe, mediante un formulario que vos faremos chegar de forma física, pero que tamén anexamos aquí (Anexo I) para que poidades descargar. 

 

Se preferides, o tedes dispoñible para descarga na web da Consellería de Educación. 

 

Por ultimo, tamén podedes facer a reserva de praza a través da aplicación informática “admisión alumnado” co certificado dixital ou a Chave365. 

 

Toda a información aquí. www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

 

Moi importante: A consulta das listaxes de alumnado admitido, que se publicarán antes do 28 de febreiro, debe realizarse no centro no que está matriculado no presente curso ou na aplicación "admisionalumnado". 

 

AdxuntoTamaño
Anexo I.pdf1.23 MB