Unha gran festa de Nadal: consulta o programa

Unha gran festa de Nadal: consulta o programa

O CEIPP San Benito de Lérez celebra o Nadal por todo o alto. As aulas do cole encheranse este xoves, 22 de decembro, de maxia e ilusión. O programa dará comezo en Educación Infantil con diversos xogos e unha merenda tradicional. Os nen@s aprenderán e cantarám xuntos panxoliñas mentres agardan a ansiada visita de Papá Noel. O tamén coñecido coma Santa Claus aterrizará no cole ás 12.30 horas para tomar nota de todos os agasallos e compartir momentos de ledicia cós máis pequen@s.  

En Educación Primaria, a maga Marta Ortíz sorprenderá ao alumnado cós seus increibles trucos a patir das 10.30 horas. Ás 11.45 horas será o momento da merenda, cunha deliciosa e quentiña chocolatada que dé enerxía para os xogos e a interpretación de panxoliñas. O momento máis agardado da xornada, a chegada de Papá Noel, prográmase para ás 13.15 horas. O repartidor de xoguetes visitará, unha a unha, todas as aulas e desexará a todos e todas unhas moi felices festas. 

Tamén todos nós, os metres, esperamos que disfrutedes moito do Nadal e vos desexamos un próspero ano novo 2023. 

 

 

 

AdxuntoTamaño
Póster Actividades Navidad Ilustrado Infantil Azul y Rojo.pdf1.04 MB