O Equipo da Biblioteca e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega convídanvos a participar na elaboración de máscaras feitas con materiais de reciclaxe.
Tema: O Camiño Primitivo (Relacionado co proxecto que estamos a desenvolver neste curso).
Propostas: Máscaras con temática do Camiño de Santiago (xograres, trovadores, instrumentos musicais, monxes, manuscritos, cabaleiros, escudos, damas, peregrin@s , tiraboleir@s, botafumeiro, pousadeir@s, gárgolas, símbolos e sinais do camiño, uteis dos peregrinos, dragóns…
Cada participante poderá acompañar a súa máscara dalgunha lenda, cantiga medieval ou información sobre a propia máscara.
Haberá premios para as máscaras máis orixinais e que máis relación teñan co tema proposto. Expoñeranse na Biblioteca do Centro.
O último día de recollida de traballos será o luns 5 de febreiro.
ENTROIDO 2018
Deixamos as nosas pegadas no Camiño pola Paz neste 30 de xaneiro Día Escolar pola Paz e a non Violencia.
Traballos plásticos e acto musical conxunto de toda a Comunidade Educativa plasmado neste video.
Pincha no enlace: https://drive.google.com/open?id=1Jjp2Wnr2v2tWAVR8ci5kMvIgEmkNhUT-