DÍA DA BIBLIOTECA / SAMAÍN

 

PROPOSTAS OUTUBRO-NOVEMBRO 2017

Este curso a Biblioteca solicitou  a través do Plan Proxecta o proxecto:  O Camiño Primitivo ao seu paso por Lugo. Pretendemos que toda a actividade desenvolvida     xire arredor  desta temática, tal e como recolle o PLAMBE (Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares) ao que este centro pertence. Por eso, propoñemos as seguintes actividades:

DÍA DA BIBLIOTECA 24 de Outubro. (última semana de outubro)

No seguinte enlace temos información sobre o significado deste día.

http://www.mecd.gob.es/cultura/

areas/libro/mc/observatoriolect/

redirige/destacados/2017/octubre/mundo-bibliotecas/dia-biblioteca-2017.html

. Recordarvos que é un bo día para vir á Biblioteca na HORA DE LER. Cada curso ten asignada unha hora.

. Revisión da GUÍA DE USO DA BIBLIOTECA  que hai en cada aula.

. Realización dun marcapáxinas.

SAMAÍN (semana do 6 ao 10 de Novembro)

PARA 5º E 6º

. INVESTIGAMOS POLO SAMAÍN  sobre seres terroríficos de pedra, as gárgolas, e outras esculturas mitolóxicas que decoran catedrais e edificios antigos: Aspid, Dragón, Esfinxe, Hidra…

Debuxo e breve explicación do seu significado.

Exposición na Biblioteca para a posterior realización dun BESTIARIO.

 ( Material bibliográfico na Biblioteca).

PARA INFANTIL, PRIMEIRO, SEGUNDO, TERCEIRO E CUARTO.

. DEBUXA O TEU MONSTRUO. Os debuxos expoñeranse na Biblioteca e recolleranse noutro BESTIARIO.

TODO O ALUMNADO

. EXPOSICIÓN DE CABAZAS MONSTRUOSAS. (30 e 31 de Outubro. Levaranse para a casa o venres 3 de Novembro).

Na Biblioteca expoñerase unha por clase, o resto deixarase nas aulas ou nos espacios entre aulas.

. MOCHILAS VIAXEIRAS

 Na  primeira semana de Novembro podedes seleccionar o contido das Mochilas Viaxeiras.

 

Blogs anteriores

Iniciar sesión: Acceso