DÍA DE ROSALÍA

24 de febreiro. Día de Rosalía

Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) disponse a conmemorar un ano máis o Día de Rosalía de Castro. O 24 de febreiro, fixado no Calendario do Libro e da Lectura como aniversario do nacemento da autora, esta entidade propón á cidadanía que agasalle un libro en galego e unha flor.

Desde o profundo da voz e co seu canto radical e solidario, Rosalía de Castro mobiliza a nosa conciencia colectiva, galega e universal. A obra de Rosalía, adiantada ao seu tempo, fala tamén para a mocidade do século XXI: adáptase, camaleónica, a todos os soportes e medios de difusión tecnolóxica, en papel ou dixitais.

#RosaliaTe

Estas son as actividades propostas pola AELG para os centros de ensino:

Educación Infantil e Primaria

Para estas etapas de ensino o lema da proposta #RosalíaTe pode desenvolverse a través de actividades que permitan a cada alumna ou alumno converterse na Rosalía de Castro da que se sinta máis próxima/o. Para isto, despois de facer un repaso da figura literaria da Autora,  e dalgunhas lecturas que dean conta da pluralidade significativa das súa obra,  propoñemos para o venres 17 de febreiro que cada alumna/o elabore unha máscara de Rosalía de Castro. Esta “transformación” tamén pode conseguirse cun traballo de caracterización física da cara.
Esta iniciativa pretende, ademais, que unha vez feito este traballo, o alumnado o comparta coa súa familia e, particularmente, cos seus maiores (sexan familiares, veciñas e veciños…). Para isto faríanse fotos do alumnado caracterizado de Rosalía acompañado das súas persoas maiores, portando entre ambos un pequeno cartel cun verso rosaliano da escolla da alumna ou alumno.
A documentación gráfica sería subida á rede polo centro de ensino antes do 24 de febreiro, coa etiqueta #RosalíaTe

Desde a AELG, convidamos á comunidade educativa a que se implique de forma activa nesta festa que celebra o nome e a obra da poeta maior de Galicia, chave mestra da nosa literatura e da nosa conciencia como pobo.

Agradecemos que nos comuniquedes (oficina@aelg.org) a vosa intención de participar desta iniciativa, para a facer constar na nosa web e colaborarmos así na súa difusión. Tamén, e co mesmo obxectivo, podedes achegarnos noticia doutras actividades que organicedes, así como toda aquela documentación (gráfica, audiovisual...) que derive da realización do Día de Rosalía no voso centro.

 

 O EDLG e o Equipo da Biblioteca propón as seguintes actividades:

  •        Visualización no blogue Legolingua dun Kamishibai sobre Rosalía de Castro, representado  por alumnado do centro.
  •         Máscara de Rosalía de Castro.
  • Exposición de libros-homenaxe a Rosalía feitos por antiguos alumnos do noso colexio.
  • Exposición obras de Rosalía.

 

KAMISHIBAI sobre a vida e obra de Rosalía. 

Fonte:  Texto: HELENA VILLAR JANEIRO

Ilustración: ÁNXELES FERRER

Colección: TRES PITAS BRANCAS

FUNDACIÓN ROSALÍA DE CASTRO

Voces de  YAINADARA e  DIEGO de sexto.

 Fai CLIK no seguinte enlace:

https://drive.google.com/file/d/0B4pCES6YHWsCTmo1Y3NaSUhjckk/view?usp=sharing

QUE CANTEN OS NENOS. MANIFESTO POLA PAZ

 

No seguinte enlace podes ver o video do acto de Paz que fixemos no patio. Colocados formando o símbolo da Paz, os nenos e nenas de sexto leron un manifesto pola paz e todos xuntos cantamos a canción de José Luis Perales, Que canten os nenos, versionada en galego.

https://drive.google.com/drive/folders/0B4pCES6YHWsCY3JVSmw3Z0w5WXc?usp=sharing

 

POLA PAZ

O 30 de xaneiro celebramos o Día Escolar pola Paz e a Non Violencia. Éstes son algúns dos traballos e actos de contribución á Non Violencia e a Paz:

Os nenos e nenas de Educación Infantil e Primeiro de Primaria fixeron un ABECEDARIO DE PAZ  e o resto do alumnado de Primaria investigou sobre os Premios Nobel da Paz: PERSONAXES DE PAZ .O día 30 formamos o símbolo da Paz no patio e cantamos a canción de Perales " Que canten os nenos "

 

Blogs anteriores

Iniciar sesión: Acceso