A Xunta de Goberno Local, na sesión extraordinaria celebrada o 27 de abril de 2022, acordou convocar as axudas destinadas á concesión de bolsas de comedor, adquisición de material escolar e realización de actividades extraescolares para o alumnado dos centros docentes públicos e concertados sostidos con fondos públicos de Educación Infantil (segundo ciclo) e de Educación Primaria Obrigatoria do Concello de Santiago de Compostela, para o curso 2022/2023.
As solicitudes presentaranse no prazo de 10 días hábiles contados a partir do seguinte á publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.
A partir do próximo luns, 3 de febreiro, o Servizo de Catering e de Persoal Monitor/a de Comedor Escolar para Centros de Educación Infantil e Primaria dependentes do Concello de Santiago de Compostela para o curso escolar 2019-2020 será prestado pola empresa "Alimentación Saludable Gallega, S.L."
Co obxecto de garantir a continuidade do servizo e non alterar a organización do mesmo, tendo en conta as datas nas que nos atopamos, os cambios e modificacións que se realicen co novo contrato, serán incorporados paulativamente ao servizo.