Publicado

SERVIZO DE COMEDOR CURSO 2024-2025

AXUDAS COMEDOR

Instrución 1/2024, da secretaría xeral técnica da consellería de Cultura, educación, formación profesional e universidades, do 1 de Xuño, sobre funcionamento dos comedores escolares de xestión directa no curso escolar 2024-2025

 

Aberto prazo axudas pagamento comedor curso 2024-2025 ata o luns 1 de xullo.

 

NOTA: O impreso pódese solicitar no colexio ou imprimilo dende ficheiros adxuntos (ver máis abaixo) e deberán entregarse presencialmente no centro educativo en horario de 10:00 a 13:30.

 

PRAZO DE FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA (alumnado novo no centro)

Formalización da matrícula en E. Infantil e Primaria: DO 20 DE XUÑO AO 1 DE XULLO DE 2024, ambos os dous incluídos. Horario de 10:00-13:30 horas.

 

Documentación necesaria para a formalización en arquivos adxuntos.

Poden solicitar os impresos en formato papel no colexio.

 

***IMPORTANTE: é preciso que no formulario de matrícula aparezan as firmas do pai e da nai do alumno/a a matricular.

 

PARTICIPACIÓN NO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar curso 2024-2025

ORDE do 7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2024/2025 (código de procedemento ED330B).

 **Dirixidas a alumnado que cursa actualmente 6º de Infantil e de 1º a 6º de Primaria

Adxúntase as instrucións a seguir e máis os anexos I e II, que deberán cubrir para solicitar a axuda:

 

SOLICITUDE DE ADMISIÓN

PRAZO DE SOLICITUDE : DO 1 AO 20 DE MARZO

Para alumnado de nova incorporación ao centro (4º curso de Infantil- nados no ano 2021) ou aqueles que cambien de centro o vindeiro curso.

 

Deben presentar na secretaría do centro modelo ED 550B-G Anexo II ou ben cubrir a solicitude de xeito informático ou na sede electrónica https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/.

 

ENTROIDO

Aínda que a climatoloxía non estivo da nosa parte, celebramos e desfrutamos no Entroido, fixemos un pasarrúas  polo pobo e tamén estivemos no CAM de Pol, que coma sempre, tratáronnos xenial. Grazas familias por animarvos e acompañarnos neste chuvioso día. 

Álbum: CURSO 23-24 -> 19. ENTROIDO

Aturuxo 2022-2023

Este ano invitámosvos a descubrir Aturuxo Dixital.

Cada artigo da revista foi redactado polos alumnos do centro, dende 3º a 6º de Primaria.

Ademáis, se premedes ou escaneades os códigos QR que aparecen ao longo da revista, accederedes ás fotos de cada actividade.

Nas últimas páxinas, temos vídeos e máis fotos.

Esperamos que vos guste e bo verán!

O vixiante dos soños

Distribuir contido