Actividades complementarias

RECOMENDACIÓN LECTORAS

O segundo trimestre remata, e Lupi ofrece aos escolares e ás familias as seguintes recomedacións lectoras para que sigan divertíndose e aprendendo a través da lectura. 

Visita á Biblioteca Provincial e ao Mercado de Abastos

Hoxe viaxamos a Lugo para visitar a Biblioteca Provincial e o Mercado de Abastos. A verdade é que aprendemos moitas cousas.

Na Biblioteca, ensináronnos como estaba distribuída (especialmente a zona infantil), como facer préstamos, e tamén nos animaron a facernos socios. Ademais tamén nos ensinaron unha exposición de libros infantís antigos e modernos, e nos fixeron un contacontos que nos encantou.

Por outro lado, no Mercado de Abastos, mostráronnos todos os postos que había, así como tamén nos foron explicando ou contando curiosidades dos produtos que se vendían en cada un deles. Finalmente, de agasallo déronnos unhas “chuches”.

Álbum: CURSO 23-24 -> 26. VISITA BIBLIOTECA E PRAZA DE ABASTOS

Visita de Estefanía Padullés

Hoxe tivemos a visita dunha gran escritora e ilustradora na nosa Biblioteca, Estefanía Padullés. Realizounos un contacontos e explicounos aspectos moi interesantes sobre a ilustración facendo a súa demostración nun mural ao que nos adicou. Tamén houbo tempo para que os discentes probaran  a facer a súas propias ilustracións. O alumnado estivo encantado!

Moitas grazas Estefanía!

Álbum: CURSO 23-24 -> 20. VISITA ESTEFANÍA PADULLÉS

Talleres de Nadal en familia

Neste último día antes das vacacións de Nadal, gozamos dunha xornada festiva co acompañamento dalgunhas das familias, que coa súa xenerosidade nos axudaron na elaboración de diferentes talleres navideños, que consistiron na realización de pulseiras, adornos, decoración de calcetíns e merendas navideñas, que despois puidemos degustar, para despedir o ano e o trimestre.

 

Álbum: CURSO 23-24 -> 16. NADAL

Saída ao cine

Hoxe fomos a Lugo ao cine a ver a película de Wish. Alí disfrutamos dunha xornada diferente, xa que tamén demos un paseo pola cidade amurallada, na que puidemos ver as luces e a decoración da cidade nestas datas, así como visitar a Muralla.

 

Álbum: CURSO 23-24 -> 15. SAÍDA AO CINE

Visita á Residencia de Maiores

No día de hoxe, visitamos a Residencia de Maiores de Mosteiro, con motivo do envío de postais navideñas que realizaron os nenos e nenas para ferlicitarlles aos maiores as festas do Nadal. Alí gozamos dunha xornada moi especial, na que nos ofreceron uns doces de merenda, así como tamén uns agasallos, dos cales estamos moi agradecidos.

 

Álbum: CURSO 23-24 -> 14. VISITA Á RESIDENCIA

Visita da Apalpadora

Hoxe tivemos a visita da Apalpadora na biblioteca do centro e o alumnado puido desfrutar da súa historia de tradición galega acompañada de música e participar nas súas cancións.

 

Álbum: CURSO 23-24 -> 10. VISITA DA APALPADORA

A Semana da Ciencia

Para celebrar a Semana da Ciencia, os alumnos de todos os cursos convertéronse en científicos por un día. Despois de experimentar en clase, levaron a cabo demostracións fronte aos seus compañeiros no laboratorio e na biblioteca.

Álbum: CURSO 23-24 -> 7. SEMANA DA CIENCIA

Vaia ritmo!

No día de onte, os alumnos do cole gozaron da obra Vaia ritmo!, interpretada por Odaiko Percussion Group, no auditorio Gustavo Freire. 

Despois exploramos o Museo Interactivo dá Historia de Lugo (MIHL), onde o guía mostrounos unha exposición sobre restos arqueolóxicos romanos achados en distintas zonas locais ao longo dos anos. 

Álbum: CURSO 23-24 -> 6. VISITA AO GUSTAVO FREIRE

Usamos material de refugallo

Distribuir contido