Skip to Content

AXUDA E FONDO SOLIDARIO PARA AXUDA DE MATERIAL E LIBROS DE TEXTO CURSO 2022/2023

-Publicada no DOG a Orde do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2022/23 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H).
-Para ser beneficiario desta axuda débese ter unha  renda per cápita familiar igual ou inferior a 10.000 € (para libros de texto) ou igual ou inferior a 6.000 € (para material escolar). A renda será a do exercicio do 2020.
- O alumnado de 5º e 6º participará no proxecto E-DIXGAL,  polo que non terá que solicitar as axudas para adquirir os libros de texto. Si poderá solicitar a axuda para adquirir  material escolar.

FORMA DE PRESENTACIÓN

- Vía telemática: a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal)

- Presencial: na secretaría do centro. (ANEXO I E II)

                                                                               

                                                                           ANEXO I                                                              ANEXO II

DOCUMENTACIÓN A ACHEGAR:

- Copia do libro de familia na que figuren todos os membros da unidade familiar. En caso de separación ou divorcio, deberán achegar ademais a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor. 

- Certificado, no caso de discapacidade, dalgún membro da unidade familiar incluidos na solicitude. 

PRAZOS DE ENTREGA: 

DO 19 DE MAIO AO 22 DE XUÑO

ENMENDAS ÁS SOLICITUDES

ATA O 30 DE XUÑO DO 2022

PUBLICACIÓN DAS LISTAXES PROVISIONAIS

30.06.2022

RECLAMACIÓN ÁS LISTAXES PROVISIONAIS

ATA O 4.07.2022

PUBLICACIÓN DAS LISTAXES DEFINITIVAS

5.07.2022

ENTREGA DE VALES DE MATERIAL

5.07.2022-7.07.2022

ENTREGA DE LIBROS

SETEMBRO



page | by Dr. Radut