Formación profesorado

Formación PFPP Polos Creativos 2

Na tarde de onte tivemos a segunda formación de Polos Creativos no cole dentro da liña dixital do PFPP. Contamos novamente coa presenza de Brais que, nesta ocasión, nos ensinou nocións básicas de deseño 3D co programa Tinkercad, programa relativamente sinxelo para que o alumnado tamén sexa capaz de realizar deseños que logo pode enviar á impresora 3D para facer por exemplo, chaveiros cos seus nomes.

Para rematar a formación, deunos información sobre apps de Intelixencia Artificial e explicounos como traballar o pensamento computacional co alumnado na aula.

Polos Creativos: formación en plotter de corte e cortadora láser

Nova xornada de formación de Polos Creativos no CFR de Ourense. Na primeira parte da tarde, estivemos co plotter de corte aprendendo a facer deseños con vinilo adhesivo e téxtil, entre outros materiais que se poden cortar. A segunda parte estivo centrada na cortadora láser e nalgunhas das súas funcións máis básicas como é o corte e o gravado de fieltro, cartón, madeira... Continuamos aprendendo para levar os coñecementos ao cole e poder experimentar co noso alumnado.

Formación PFPP Polos Creativos 1

Na tarde deste luns tivemos a primeira formación de Polos Creativos no cole dentro da liña dixital do PFPP. Contamos coa presenza de Brais, mestre de Primaria e coordinador de Polos Creativos no CEIP Plurilingüe Amaro Refojo de Verín que nos ensinou nocións básicas para traballar co robot True True. Tamén experimentamos e programamos con axuda das tablets un mBot para que realizara diferentes movementos combinados con luces e sons.

Estamos desexando poñer en prácticas estes coñecementos co noso alumnado.

Polos Creativos: formación en impresión 3D e robótica

Xornada de formación de Polos Creativos no CFR de Ourense. Aprendemos nocións básicas de deseño e impresión 3D e tamén de robótica co MBot2 para poder aplicar na aula co noso alumnado.

Redes Sociais

Programas

 

Actividades biblioteca


Feito con Drupal 6

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013