Actividades alumnado

Polos Creativos Construción "Peza a peza"

O alumnado de infantil e de 1º, 2º e 3º de primaria foi o encargado, nesta ocasión, de experimentar coa construción utilizando depresores de madeira.

Os nenos e nenas de infantil construíron elementos simples coma os cadrados e os triángulos e tamén deixaron voar a súa imaxinación para crear outras formas e figuras diferentes.

O alumnado de 1º, 2º e 3º tamén construíu celosías, que son estruturas reticulares compostas por elementos entrelazados que forman patróns xeométricos. Son importantes na construción de pontes porque proporcionan resistencia e estabilidade ao distribuír cargas de maneira eficiente.

Encantoulles a actividade e agora queren seguir xogando coa construción sempre que poden!

Polos Creativos "Construción de pontes"

O alumnado de 5º e 6º de primaria experimentou cunha nova actividade dos Polos Creativos utilizando pezas de madeira Kapla e conectores elaborados no cole coa impresora 3D.

Neste caso formaron dous grupos de traballo para construír dous tipos diferentes de pontes: triangular e cadrada. Partiron primeiramente da práctica dunha unión (nó simple) ata chegar a montar estruturas con triángulos ou cadrados formando celosías, as cales logo tiveron que unir con pezas transversais.

Foron capaces de montalas utilizando soamente unha imaxe como guía e a súa capacidade para resolver todos os problemas que se lles ían plantexando no transcurso do reto. 

Xa son todos uns expertos e expertas na materia!!!!!! 

Polos Creativos - Automatismo "Pescando de pedra en pedra"

Dentro das actividades propostas nos Polos Creativos a través dos kits singulares, tivemos unha primeira toma de contacto ao longo do segundo trimestre co alumnado de 5º e 6º de primaria. Elaboraron un automatismo a través da construción dun merlo con cartón ao que lle deron movemento grazas a unha pinza de madeira e un par de clips.

Para ser a primeira vez con estes retos, hai que dicir que non se lles deu nada mal e o resultado foi espectacular!!!!

Redes Sociais

Programas

 

Actividades biblioteca


Feito con Drupal 6

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013