Música

Concerto didáctico. Conservatorio de Música de Verín

O luns pasado viaxamos ata Verín para asistir ao Concerto didáctico ofrecido polo profesorado e parte do alumnado do Conservatorio de Música de Verín. Pasamos un anaco estupendo, compartindo a música con compañeiros doutros coles! Ademais de divertirnos, mostráronnos os instrumentos que podemos aprender no conservatorio e as cousas tan marabillosas que se pode facer coa música! 

Queredes ver canto desfrutamos? Dentro vídeo!

 

Grupo de Educación Infantil

Comezamos a traballar na nosa actuación para o festival de fin de curso... que será? 

Grupo de 1º, 2º e 3º

O grupo de 1º, 2º e 3º estivo practicando cos xilófonos e metalófonos na sesión de música.

A nosa aula!

Os primeiros días deste curso 2023/24 adicámolos a deixar a nosa aula un pouquiño máis bonita... 

O grupo de 1º, 2º e 3º foi o encargado de decorar as ventás que dan ao interior do centro con un pentagrama infinito...

 

 

E o grupo de 5º e 6º decorou as ventás exteriores!

 

 

Redes Sociais

Programas

 

Actividades biblioteca


Feito con Drupal 6

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013