Complementarias

Excursión a Madrid - Fin de curso 2024

O alumnado de 5º e 6º de primaria viaxou ata Madrid xunto aos compis dos colexios de Castrelo do Val e de Oímbra. Ao longo destes días visitaron o Safari Madrid, o estadio Santiago Bernabéu e o parque Warner. 

Podedes ver no seguinte vídeo o ben que o pasaron e o moito que desfrutaron coa experiencia!!!!

 

Concurso de creación do logo do centro

Por fin temos a nova lona co logo do cole instalada no patio cuberto grazas a Arte Dixital Losada. O logo foi elixido a través dun concurso de deseño no que participou o alumnado de 5°e 6° de primaria, sendo gañador o deseño elaborado por Roi, Aysha e Sara. Unha vez escollido o deseño, chegou o momento de dixitalizalo da man de Noelia Pazos. O resultado non nos pode gustar máis! Xa temos outro recuncho fermoso no cole.

Hoxe fixemos entrega a Sara, Roi e Aysha dun pequeno agasallo que constaba de diploma, taza co logo do cole e material escolar por resultar gañador o seu deseño. Parabéns pola súa fantástica creación!

Excursión a Santiago de Compostela 2024

O 19 de abril toda Primaria foi a Santiago de Compostela para desfrutar da visita á Catedral, ao Panteón Real e arredores e tamén á Cidade da Cultura de Galicia na que se organiza InnovArt. O alumnado puido coñecer o potencial das ensinanzas artísticas, de idiomas e deportivas que se ofrecen en Galicia, xa que se contaba con material expositivo e actividades interactivas de: arte dramática, artes plásticas e deseño, conservación e restauración de bens culturais, danza, ensinanzas deportivas, idiomas e música.

Desfrutaron de concertos e espectáculos escénicos en directo, elaboraron unha lámpada, fixeron ilustracións con tinta china e practicaron algún deporte como o baloncesto, ademais de coñecer nocións básicas de navegación.

Premede na imaxe para ver o vídeo!

Visita dos chocalleiros a Santiago 2024

O 2 de febreiro os nenos e nenas do noso colexio foron uns invitados moi especiais en Santiago. Alí amosaron como é o traxe de chocalleiro. Foi un día xenial!

Premede na imaxe para ver o vídeo.

Excursión ao Castro de San Cibrao de Las

No día de onte todo o alumnado do cole visitou o castro de San Cibrao de Las e aprendeu un pouquiño máis sobre a cultura castrexa. Ademais realizaron diversas actividades de elaboración dun trisquel, un cinto, un puñal e arracadas que levaron para a casa como agasallo. Pasámolo xenial!!!!

Premede na imaxe para ver o vídeo.

 

Actuación de Odaiko para 1º, 2º e 3º. 2023-2024

O 29 de novembro o alumnado de 1º, 2º e 3º foi a Ourense para ver unha actuación de Odaiko. Ademais, tamén estiveron un anaco na bibiloteca. Foi un día xenial! 

Xa sabedes. Clicade na foto para ver o vídeo.Guay

 

 

Redes Sociais

Programas

 

Actividades biblioteca


Feito con Drupal 6

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013