Skip to Content

Horario de atención, Información de interese, Admisión e matrícula , Axudas libros e material, Libros de texto e material c.

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2023- 2024-LISTAXES PROVISIONAIS

Informamos que TODO O ALUMNADO que solicitou praza no centro foi admitido na resolución provisional. Poden consultar as listaxes no taboleiro interior do centro.

Hai 5 días hábiles dende a publicación para reclamacións.

A publicación da resolución definitiva farase o día 15 de maio.

 

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2023-2024

O día 1 de marzo comeza o prazo para a solicitude de admisión do alumnado para o vindeiro curso 2023-2024.

O prazo estará aberto do 1 ao 20 de marzo (ambos inclusive).

No adxunto, podedes ver toda a información sobre o proceso.

 

INFORMACIÓN RESERVA DE PRAZA

Só para o alumnado de 6º de Ed. Primaria.

  • Prazo de presentación de solicitudes para a reserva de praza no IES As Ínsuas (Muros) do 16 de xaneiro ao 6 de febreiro (ambos inclusive).

 

 

  • Presentación no CEIP Plurilingüe Ricardo Tobío (previa cita) ou en claquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común, incluída a SEDE ELECTRÓNICA.

 

Toda a información completa do procedemento en https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/PaxinaInicio.action.

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR 2022-2023

CONVOCATORIA

             De acordo coa RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2022, da Dirección Xeral de Ordenación  e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a realización de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG do 30 de setembro), aXUNTA ELECTORAL deste Centro, en virtude das atribucións que lle son conferidas pola lexislación vixente, dispón a convocatoria de eleccións ao Consello Escolar, SECTOR DE PAIS E NAIS DE ALUMNOS/AS, segundo as seguintes normas:

             1. De acordo co disposto no artigo 41 do Decreto 374/1996, do 17 de outubro (DOG do 21), redactado conforme ao establecido na disposición adicional terceira.1 do Decreto 7/1999, do 7 de xaneiro (DOG do 26), corresponde elixir no presente proceso electoral a tres pais/nais (dúas das vacantes son por finalizar os 4 anos e a outra  correspóndese á vacante non cuberta nas últimas eleccións),dun total de cinco que debe ter o Consello Escolar, o outro pai/nai será o representante da ANPA. O outro representante de pais/nais continúa como consecuencia da súa elección anterior no ano 2021.

             2.- Son electores todos os pais e nais ou, se é o caso, os titores legais do alumnado matriculado no Centro e incluídos no Censo correspondente que a partir do día da data está exposto no taboleiro de anuncios. As reclamacións ao referido Censo realizaranse mediante escrito razoado dirixido á Xunta Electoral, ata as 13:00 horas do día 17 de novembro.

             3.- Son elixibles os pais e nais ou, se é o caso, os titores legais, que formulen a súa candidatura oficial segundo o modelo que se facilitará na Secretaría do Colexio. As candidaturas poderán ser presentadas ata as 13:00 do día 18 de novembro.

             4.- O sorteo dos membros da mesa electoral realizarase en acto público, entre os pais/nais que non se presenten como candidatos, o día 22 de novembro, ás 16:00 horas. Dita mesa electoral estará composta pola Directora do Centro, que actuará como Presidenta, e catro pais/nais ou titores legais, actuando de secretario o de menor idade.

             5.- A campaña electoral comprenderá dende o 23 ao 26 de novembro, ambos días inclusive. As dependencias e servizos do Centro estarán a disposición dos candidatos, previa petición ao presidente da Xunta Electoral, sempre que o seu uso non altere o normal funcionamento do Colexio.

             6.- Poderán actuar como supervisores da votación os pais ou titores legais dos alumnos matriculados no Centro que sexan propostos pola ANPA ou, no seu defecto, que estean avalados cando menos pola firma de 10 electores.

              7.- As votacións realizaranse neste Colexio Público o día 28 de novembro, de 16:45 a 19:45 horas. A mesa electoral será constituída o mesmo día, en acto público, ás 16:35 horas.

           8.- Na papeleta de votación cada elector fará constar un máximo de dous nomes dos candidatos presentados, debendo acreditar a súa identidade á hora de votar. Non se admitirá o voto por correo.

             9.- Teñen dereito ao voto o pai e a nai ou, se é o caso, o titor legal dos alumnos/as.

           10.- Finalizada a votación procederase ao escrutinio dos votos, que será público, e unha vez realizado, levantarase acta para ao seu envío a Xunta Electoral do Centro.

            11.- A Xunta Electoral do Centro resolverá as dúbidas e reclamacións que se poidan formular.

 

                                                   Esteiro, 10 de novembro de 2022

 

                                               A PRESIDENTA DA XUNTA ELECTORAL

 

No adxunto pódese descargar a folla de inscripción de candidaturas (a presentar ante a directora do centro dentro do prazo de presentación de candidaturas).

 

SORTEO DOS COMPOÑENTES DA MESA ELECTORAL O LUNS 21 ÁS 16:00 HORAS.

Horarios de atención do equipo directivo

  • Directora: Luns de 10:24 a 11:18 e Xoves de 9:30 a 10:24.

 

  • Xefa de Estudos: Martes de 13:36 a 14:30 e Venres de 10:24 a 11:18.

 

  • Secretario: Martes de 11:18 a 12:12, Mércores de 9:30 a 10:24 e Venres de 11:18 a 12:12.

 

Atención

- Telefónica: 881866814

- Presencial: previa cita neste mesmo teléfono.

Distribuir contido


by Dr. Radut