Skip to Content

PRESENTACIÓN DA REVISTA "RECEITAS DO CAMIÑO"

No día de hoxe celebramos no colexio o acto de presentación da Revista "Receitas do Camiño" elaborada polo alumnado de 2º curso de educación primaria xunto coa súa profesora Micaela.

 

No acto estiveron presentes Catuxa e Alicia, representantes das familias e da ANPA respectivamente e a alcaldesa do Concello de Muros e representante da Asociación dos Concellos do Camiño da Ría de Muros-Noia, Inés Monteagudo.

Foi un acto moi emotivo no que se puxo en valor todo o traballo feito polo alumnado do centro enmarcado no Proxecto de centro "Un camiño de auga e sal".

 

Podedes picar no enlace para ver o evento

 

Parabéns a todos e a todas polo traballo feito!

 

 



blog | by Dr. Radut