Skip to Content

SOMOS PEREGRINOS

Queridas familias:
Este curso somos peregrinos. Nos meses de outubro e novembro participamos nunha xincana e... pasámolo xenial!!!

 

Estivemos facendo xogos na praia de Parameán , no parque do Artón e tamén na Alameda.

Tivemos que resolver distintos desafíos.

Desenterramos varios obxectos que leva un bo peregrino.

Descubrimos diferentes formas de facer o camiño a Santiago de Compostela.

Recitamos un poema que estaba agochado...e ata descubrimos a Miguiña no piñeiral!!!

Non nos esquecemos de selar as credenciais e finalmente obtivemos a nosa a Compostela.
Este foi un bo comezo de camiño , aínda nos queda moito máis por andar!!!

 



page | by Dr. Radut