Skip to Content

CHARLA PARA AS FAMILIAS SOBRE NOVAS TECNOLOXÍAS

Dende o centro, coa colaboración do Departamento de Orientación, estamos a desenvolver un programa de actuacións dentro do Plan Director para a Convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e nos seus contornos.

Entre as actuacións a realizar, teremos varias charlas, tanto para alumnado como para familias, relacionadas con temáticas asociadas a problemáticas de actualidade.

O vindeiro XOVES día 14 de xaneiro, terá lugar no Colexio, unha charla dirixida ás familias, sobre NOVAS TECNOLOXÍAS.

Será ás 16'30 e recomendamos a súa asistencia, xa que pensamos que é moi importante o coñecemento e a prevención neste tema.



page | by Dr. Radut