Skip to Content

A REGLA DAS TRES "R"

 

    O alumnado  da aula de Educación Infantil de 4 anos, está implicándose nun proxecto sobre coidado do medio ambiente e reciclaxe iniciado a proposta de Rosa Froján, mestra en prácticas.
    Durante varias semanas realizaron actividades para reducir a cantidade de lixo que producen na aula;  para reutilizar, con propostas como crear xoguetes a partir de material de refugallo e para reciclar, separando o lixo e elaborando eles mesmos papel reciclado.
    O proxecto estenderase ao longo do curso con iniciativas como a de poñer a funcionar o horto escolar, crear personaxes para o Samaín e diferentes xogos reutilizando envases, ….
Velaquí un video  no que o alumnado da aula nos invita a seguir a regla das tres R: REDUCIR, REUTILIZAR E  RECICLAR 



page | by Dr. Radut