Xa está aberto dende este sábado ata o vindeiro 24 de xaneiro o prazo para solicitar as axudas de libros do Concello de Vigo. Como xa dixemos, nesta convocatoria as familias que xa obtiveron a axuda o curso pasado só deberán firmar unha declaración responsable asegurando que se cumpren os requisitos necesarios. A axuda pode tramitarse online

https://sede.vigo.org/expedientes/avisos/aviso.jsp?id=4778&lang=es

ou presencialmente no rexistro xeral do Concello (solicitando cita previa). Se precisades o certificado de matrícula, podedes solicitalo presencialmente no centro, por correo electrónico ou descargalo na aplicación de Abalar, na pestana de descarga de documentos

Xa está aquí a III xornada de xogos de mesa do Ría de Vigo organizada pola ANPA!!
Sabías que a mellor forma de aprender é  a través do xogo???
Anímate a pasar unha tarde diferente en familia aprendendo a  descubrir os  moitos beneficios que teñen os xogos!!

Esperámosvos o vindeiro venres 1 de decembro.

A ANPA do CEIP Ría de Vigo presenta un novo proxecto educativo: Escola de familias Imos a aprender todos xuntos!


Únete a esta nova iniciativa en escoladefamiliasria@gmail.con

Un pouco de información sobre a formadora de este mércores:

https://www.instagram.com/escuelademociones/?igshid=OGQ5ZDc2ODk2ZA%3D%3D

ACHEGÁDEVOS ao Magosto organizado pola ANPA este venres no Ceip PL.Ría de Vigo

Mirade o video tenebroso no día de Samaín.Pasámolo de MEDO!

 

A ANPA e o CEIP RÍA DE VIGO queremos  devolverlle a visita a AGUSTÍN ALEJOS no pabellón dos deportes do Berbés o sábado 4 as 18:00. GRAN partidazo!

ANIMÁDEVOS!

 

Distribuir contido