Neste novo curso temos moitas NOVAS que queremos contarvos.
No verán, fixemos moitos cambios:
1. Despois de moitísimos anos solicitando a Consellería unhas xanelas novas, por fin decidiron cambialas.Temos que dar as grazas as directoras e directores anteriores que insistiron ano tras ano chamando a Xefatura Territorial pedindo un cambio de xanelas porque xa estaban moi deterioradas.Deixamos unha pequena reportaxe do cambio.
2. . Tamén houbo reformas no comedor. Decidimos dar un cambio nas instalacións do comedor /cociña instalando unha mesa de quente e outra de frío para que os nenos e nenas despois de coller as súas bandexas , e de ser servidos polo persoal de cociña, coman tranquilos durante o periodo de xantar. A comida segue sendo tan boa como de costume. MIRADE!!