AULA VIRTUAL CEIP PLURILINGÜE RÍA DE VIGO

Queridas familias,

queremos comunicarvos que a Aula Virtual (AV) do noso centro xa está operativa. Esta AV será utilizada nos diferentes cursos do noso centro e na que o profesorado do centro publicará información, recursos e tarefas dirixidas ao seu alumnado.

 

Debemos destacar o seguinte:

- O alumnado de 3º a 6º de Educación Primaria fará uso desta AV en todas as súas materias.

- O alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria empregará estas aulas nas materias que lle sexan notificadas polo profesorado.

- O alumnado de Educación Infantil fará uso da AV en función do comunicado polo seu profesorado.

 

A AV será empregada do seguinte xeito:

- por unha banda no caso do peche do centro ou dalgunha das súas aulas.

- de xeito complementario na actividade lectiva o profesorado poderá pedir ao seu alumnado que visite a AV e faga nela algunha tarefa.

Para calqueira dúbida estamos a vosa disposición. Moitas grazas!!

 

ACCEDER Á AULA VIRTUAL

 

TELÉFONO MÓBIL DO CENTRO

Informamos que para comunicar calqueira incidencia relacionada co COVID-19 deberán chamar ao teléfono:

 

644327301

 

Para asuntos urxentes de autobús ou comedor poderán chamar ou enviar unha mensaxe de whatsapp ao mesmo número.

 

PLAN DE ACOLLIDA 2020

Adxuntamos Plan de acollida para este curso 2020-2021

ASUNTO: Lista de libros do próximo curso 2020-21.

No adxunto se comunican os libros de texto do vindeiro curso. Recomendamos que as familias que solicitaron FONDO DE LIBROS non merquen ningún dos libros xa que deberán permanecer atentas ao Tokapp e a páxina web do centro xa que a través destes medios se comunicará a principios de xullo as adxudicacións de vales e libros de texto.

 

 

ADMISIÓN 2020 / 2021

INFORMAMOS QUE FOI ADMITIDO TODO O ALUMNADO DE 4 DE EDUCACIÓN INFANTIL (3 ANOS) QUE PRESENTOU RESERVA DE PRAZA PARA O CURSO 2020 / 2021

Fotos do Entroido

Adxuntamos no seguinte enlace fotos do Entroido 2020 realizadas polo noso fotógrafo "oficial" Juán Fernández. Mopitas grazas!

https://wetransfer.com/downloads/c91ad5221c3fed50e2d037dcc2deb0f120200305132258/0ae0f90e806e132a5cc3a9d0116493a920200305132258/1f5459

 

Distribuir contido