SOMOS...

 

 

 

BRONCE

26/10/2016
Atlantic/Bermuda

Xa estamos traballando no cole co apoio da nosa querida BRONCE,

unha cadela moi experimentada nas actividades de convivencia positiva con nenos e nenas.

Este programa do concello de Vigo xa o disfrutamos o curso pasado e

temos a sorte de poder continualo este curso 16-17.

 CANS   Preme na imaxe e verás a reportaxe no blogue de primaria

Seguro que aprendemos moito mais motivad@s grazas a ela!!

NOVAS DO CURSO

Neste novo curso temos moitas NOVAS que queremos contarvos.

No verán, fixemos moitos cambios: 

1. Despois de moitísimos anos solicitando a Consellería unhas xanelas novas, por fin decidiron cambialas.Temos que dar as grazas as directoras e directores anteriores que insistiron ano tras ano chamando a Xefatura Territorial pedindo un cambio de xanelas porque xa estaban moi deterioradas.Deixamos unha pequena reportaxe do cambio.

Fachada vella  sen xanelas

clase sen xanelas    xanelas novas

2.  . Tamén houbo reformas no comedor. Decidimos dar un cambio nas instalacións do comedor /cociña instalando unha mesa de quente e outra de frío para que os nenos e nenas despois de coller as súas bandexas , e de ser servidos polo persoal de cociña, coman tranquilos durante o periodo de xantar. A comida segue sendo tan boa como de costume.      MIRADE!!

obras comedor  comedor

comedor

BENVID@S O COLE!!!!

O 12 DE SETEMBRO O COLEXIO ABRE AS PORTAS...!!!

NOTA IMPORTANTE!!!

    NESTA SEMANA, OS DÍAS 11, 12, 13, E 14 DE XULLO, O EQUIPO DIRECTIVO ESTARÁ FORA DO COLEXIO POR TRABALLO.

   O LUNS 11 CHEGAREMOS EN CANTO REMATEMOS UNHA REUNIÓN NOUTRO CENTRO, PERO NON TEMOS CLARO A HORA.

   E NO CASO DOS OUTROS DÍAS, NON ESTAREMOS NO CENTRO, POSTO QUE TEMOS UNHAS XORNADAS DE EQUIPOS DIRECTIVOS EN SANTIAGO E ATA AS 20:00 NON SAIMOS DAS MESMAS. POLO TANTO, ATA O VENRES 15 NON ESTAREMOS NO COLEXIO NO HORARIO DESTES DÍAS.

 

LISTAXE DE LIBROS COMPLEMENTARIOS. ( ABRIR ADXUNTO)

LISTAXE DE LIBROS COMPLEMENTARIOS

 

 

FESTIVAL 2015/2016

   UFF, ESTE ANO TIVEMOS UN FESTIVAL CON MOITAS EMOCIÓNS!!!. TANTO O LUNS 20 COMA O MARTES 21 FORON DENDE O PRINCIPIO, UNHA CHEA DE SORPRESAS, DESPEDIDA PARA O ALUMNADO QUE SE GRADUABA, OS DE 6º DE EDUCACIÓN INFANTIL QUE PASABAN A PRIMARIA, DESPEDIDA DE PROFESORADO, O ANPA FACENDO AGASALLOS, O ALUMNADO COAS SÚAS ACTUACIÓN...UFFF UNHA CHEA DE COUSAS!!! EN BREVE POÑEREMOS MÁIS FOTOS E VIDEOS!!!

 

Powered by Drupal - Design by artinet