Skip to Content

 

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Secretaría

AVISO ÁS FAMILIAS: MODIFICACIÓNS NAS SAÍDAS DO CENTRO A PARTIRES DE XANEIRO 2022

 

Estimadas familias, dirixímonos a vds. por mor do seguinte...

A partires de xaneiro, haberá modificacións nas saídas para que sexan máis fluídas. Quedando do seguinte xeito:

 

-          Ás 13:55h comezará a saír o alumando na seguinte orde:

 

o   3º, 2º e 1º de E. Primaria.

 

o   4º, 5º e 6º de E. Primaria.

 

Desexando a toda a comunidade educativa que pasen unhas boas festas!!

 

Dirección.

 

HORARIOS DE REPARTO DE MÁSCARAS AO ALUMNADO BENEFICIARIO

HORARIOS DE REPARTO DE MÁSCARAS AO ALUMNADO BENEFICIARIO

Dirixímonos a vds. por mor do reparto de máscaras ao alumnado beneficiario delas e comunicarlles o horario establecido para tal fin.

Do 15 ao 20 de decembro de 2021:

- Mañás das 9:30h ás 11:00h.

- O luns, 20 de decembro ademáis da mañá, tamén en horario de tarde das 16:30h ás 18:30h.

Grazas.

A Dirección.

PROCESO DE DISTRIBUCIÓN DE MASCARILLAS

Comunicado ás familias

Segundo a ORDE do 28 de outubro de 2021 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería, así como en centros privados concertados, no curso 2021/22, infórmase que:

- Todas as solicitudes foron admitidas e aprobadas provisionalmente (expostas no hall de entrada ao centro).

- Teñen dous días para facer as oportunas reclamacións se procede.

- A partires de dous días, resoltas as reclamacións que houbese, permanezan atento@s á páx. web onde se indicará o procedemento para entregalas (xa están encargadas).

Saúdos.

A Dirección

CERTIFICADOS DE ESCRUTINIO. ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

Estimada comunidade educativa:

adxúntanse certificados de escrutinios das elección ao consello escolar dos diferentes sectores representados.

Saúdos.

 

A Dirección.

RECORDATORIO DATA E HORAS DE VOTACIONS PARA ELECCIONS DE REPRESENTANTES DO CONSELLO ESCOLAR

 

RECORDATORIO DATA E HORAS DE VOTACIONS PARA ELECCIONS DE REPRESENTANTES DO CONSELLO ESCOLAR

  Día 22 de novembro:

Celebración das votacións de:

-  Profesorado: das 11:30h ás 12:30h.

-  Persoal de administración e servizos de 13:00h a 13:30 horas.

-  Pais, nais e titores legais do alumnado, das 15:30h ás 18:30 horas.

* Lembrar traer documento identificativo (DNI, NIE, Carnét de conducir), para poder facer a votación.

Grazas pola súa participación.

Saúdos.

A dirección.

ACTA REUNIÓN EXTRAORDINARIA XUNTA ELECTORAL

COMUNICADO ÁS FAMILIAS

Ola, adxúntase acta extraordinaria da Xunta Electoral das eleccións ao Consello Escolar para subsanar erro no apelido dun candidato que se presenta no sector de representante das familias así como o modelo de papeletas válido coa subsanación do erro.

A Dirección

DISTRIBUCIÓN DE MASCARILLAS

 

O venres 12 de novembro publicouse a Orde do 28 de outubro de 2021 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado de educación primaria.

 

Dita Orde podedes consultala no seguinte enlace:

 

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20211112/AnuncioG0598-081121-0001_es.html

 

Serán BENEFICIARIOS de máscaras o seguinte alumnado:

 

  • O alumnado que resultou beneficiario das axudas de material escolar (non ten que presentar solicitude)

 

  • O alumnado que NON foi beneficiario das axudas de material escolar ten que presentar solicitude (achegar copia do libro de familia) e cumprir os criterios establecidos na Orde anteriormente citada: Renda familiar per cápita igual ou inferior a 6000 euros (renta ano 2019); se é alumnado de Educación Especial, se está suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia ou ten unha discapacidade recoñecida de máis do 65%.

 

As SOLICITUDES realizaranse de forma presencial no centro educativo. Será preciso solicitar CITA PREVIA para proceder a súa entrega.

 

O PRAZO de entrega será do 15 ao 26 de novembro ambos inclusive.

 

Na páxina web se publicará o procedemento para a entrega das máscaras, así como as datas establecidas para o mesmo.

No anexo vai o modelo de solicitude.

 

Un saúdo.

 

            Atte.: A Dirección

 

 

 

DOCUMENTOS COVID-19 CURSO 21/22

DOCUMENTOS COVID-19 CURSO 21/22

Estimadas familias, deixámosvos adxuntos o PROTOCOLO COVID-19 para o presente curso, así como o plan de CONTINXENCIA e o Plan de ACOLLIDA preceptivo.

Disculpen as molestias pois no enlace COVID-19 temos problemas na súa actualización que non damos solventado.

Grazas.

CALENDARIO ESCOLAR CURSO 2021/2022

COMUNICACIÓN ÁS FAMILIAS

Dirixímonos a vds. para informarlles que na barra lateral dereita teñen o calendario escolar do presente curso 21/22 establecido pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

Do mesmo xeito informarlles que os días non lectivos escollidos polo centro, son os mesmos que se propuxeron na asociación de directores/as de A Coruña, e que son os seguintes:

- 7 de decembro de 2021,

- 16 de maio de 2022.

En calquera caso, para estes días enviarase recordatorio por abalar.

Grazas.

A Dirección

AVISO ÁS FAMILIAS DE 2º E 3º DE E. PRIMARIA - ENTRADAS E SAÍDAS

AVISO ÁS FAMILIAS: ENTRADA E SAIDA DE 2º E 3º DE E. PRIMARIA

Estimadas familias:

Dirixímonos a vds. para comunicarlles que a partires do luns, 13 de setembro de 2021, tanto as entradas como as saídas do centro, o alumnado de 2º e 3º de E. Primaria utilizarán a porta de acceso ao patio de E. Infantil (a do curso pasado), coa fin de ter maior operatividade e circulación nas mesmas.

Reciban un cordial saúdo.

Atte.: A Dirección.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut