Skip to Content

 

Punto Laranxa contra o acoso escolar

DISTRIBUCIÓN DE MASCARILLAS

 

O venres 12 de novembro publicouse a Orde do 28 de outubro de 2021 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado de educación primaria.

 

Dita Orde podedes consultala no seguinte enlace:

 

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20211112/AnuncioG0598-081121-0001_es.html

 

Serán BENEFICIARIOS de máscaras o seguinte alumnado:

 

  • O alumnado que resultou beneficiario das axudas de material escolar (non ten que presentar solicitude)

 

  • O alumnado que NON foi beneficiario das axudas de material escolar ten que presentar solicitude (achegar copia do libro de familia) e cumprir os criterios establecidos na Orde anteriormente citada: Renda familiar per cápita igual ou inferior a 6000 euros (renta ano 2019); se é alumnado de Educación Especial, se está suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia ou ten unha discapacidade recoñecida de máis do 65%.

 

As SOLICITUDES realizaranse de forma presencial no centro educativo. Será preciso solicitar CITA PREVIA para proceder a súa entrega.

 

O PRAZO de entrega será do 15 ao 26 de novembro ambos inclusive.

 

Na páxina web se publicará o procedemento para a entrega das máscaras, así como as datas establecidas para o mesmo.

No anexo vai o modelo de solicitude.

 

Un saúdo.

 

            Atte.: A Dirección

 

 

 

AdxuntoTamaño
MODELO SOLICITUDE MASCARILLAS.pdf953.91 KB


story | by Dr. Radut