Skip to Content

 

Punto Laranxa contra o acoso escolar

OS NENOS E NENAS DO CEIP RAMÓN DE LA SAGRA PRECISAN A VOSA AXUDA

Temos de prazo ata o 30 de novembro para acadar o maior número posible de votos para o proxecto de transformación do noso patio. Neste video, os nenos e nenas e as súas familias piden a vosa colaboración co voto na fase final dos Orzamentos Participativos, apoiando a nosa proposta polo distrito 7.

#barrioverde #votapatiodoramon

  

Podedes votar no seguinte enlace:

https://nacorunacontas.coruna.gal/budgets/6/investments/4042

VOTACIÓN ORZAMENTOS PARTICIPATIVOS - PROXECTO MESTRA DE OBRA - PATIO

 UN PATIO URBANO VERDE E HUMANIZADO PARA O

CEIP RAMÓN DE LA SAGRA

Estimada comunidade educativa:

En relación ao voto polo proxecto “mestra de obra” sobre o patio, aqueles que non quera ou non poida facelo telemáticamente, pódese achegar a estes puntos para facelo presencialmente nas datas e horas indicadas. Non se esquezan que é obrigatorio levar o D.N.I. ou documento identificativo válido para facelo.

 24/11 Mercado Municipal Elviña de 11 a 13hs e CCM Monelos de 16 a 19

Contamos contigo. Sen ti non o podemos facer.

#barrioverde #votapatiodoramon

*Para o voto presencial:*

23/11 CCM Os Mallos de 11-13hs e 16-19hs

25/11 CCM Monte Alto de 11-13hs e 16-19hs
26/11 Praza de Lugo de 10 a 13hs
29/11 Fórum de 9:30 a 14:30
30/11 Ágora de 11-13hs e 16-19hs

Grazas pola vosa colaboración. É cousa da comunidade educativa. É cousa de todos e todas nós.

 

 

 

VOTACIÓN ORZAMENTOS PARTICIPATIVOS - PROXECTO MESTRA DE OBRA - PATIO

VOTACIÓN ORZAMENTOS PARTICIPATIVOS:

Proxecto: Un patio urbano verde, humanizado e sostible para o CEIP Ramón de la Sagra.

 

Os enlaces son os seguintes (en todas elas podédesvos rexistrar se non estades xa rexistrados):

- Para ir directamente a páx. de votación do noso proxecto:

https://nacorunacontas.coruna.gal/budgets/6/investments/4042

- Para ir ao distrito 7 e ver os proxectos presentados entre os cales está o noso:

https://nacorunacontas.coruna.gal/budgets/6/investments?heading_id=64

- Para ir á páx. web do concello dos orzamentos participativos:

https://nacorunacontas.coruna.gal/

 Estimada comunidade educativa:

Chegou o momento. Para que o proxecto de transformación do  patio sexa unha realidade de cara a toda a comunidade educativa e do barrio do que formamos parte, agora é cando temos que plasmar o noso apoio cun simple pero importante click votando a proposta.

En nome de toda a comunidade educativa solicitamos o voso apoio, a vosa forza para que este proxecto sexa unha realidade. Contamos contigo pol@s vos@s fill@s, por toda a comunidade educativa e polo noso barrio. Sen ti nada de esto será posible. Cada un de nós temos que facer que o necesario sexa posible e ademáis unha realidade.

“Os nenos e nenas non esperan, aprenden”, e cada un de nós, como adultos que formamos parte dun conxunto da sociedade, temos a responsabilidade de nós mesmos, dos nosos achegados, dos nosos veciños, do noso barrio e iso fai que teñamos que implicarnos aínda que sexa cun só voto.

Para participar podedes utilizar calquera dos enlaces expostos, lembrade que tedes que rexistrarvos, pero con todo, se vos tedes que rexistrar non vos levará máis de 3 minutos rexistrarvos e votar este proxecto.

Contamos contigo. Contamos con tod@s vós.

Grazas.

Unha aperta

2ª ACTA DA XUNTA ELECTORAL - ELECCIONS CONSELLO ESCOLAR 22

2ª ACTA DA XUNTA ELECTORAL-ELECCIONS CONSELLO ESCOLAR 22

Estimada Comunidade Educativa do CEIP Ramón de la Sagra:

Comunicámoslles que hoxe 15/11/22, segundo calendario previsto na 1ª acta das eleccións ao consello escolar, celebrouse a reunión preceptiva da Xunta Electoral, cuxa acta teñen en documento adxunto.

Grazas pola súa participación e interese.

A Dirección

1ª ACTA XUNTA ELECTORAL - ELECCIONS CONSELLO ESCOLAR 22/23

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR CURSO 22/23

Estimada comunidade educativa:

no documento adxunto teñen a súa disposición a 1ª acta da Xunta Electoral, onde se sinalan datas de actuacións e toda a información que precisan para este proceso.

Agardando como sempre a súa implicación e participación, reciban as grazas por anticipado sabendo do seu compromiso.

* O censo electoral dos responsables do alumnado exponse no taboleiro de anuncios do centro (Hall de entrada).

Sen outro particular, un saúdo.

A dirección

INVITACIÓN ACTO PATIOS (PROXECTO MESTRA DE OBRA)

Imagen

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E UNIVERSIDADE

CEIP RAMÓN DE LA SAGRA

Ronda Camilo José Cela 4 - 15008 A Coruña

ceip.ramon.sagra@edu.xunta.es – 981280208

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipramonsagra

 

O director do CEIP Ramón de la Sagra

 

Comprácese en convidar a toda a comunidade educativa ao encontro adicado á presentación da situación actual do proxecto patio (Mestra de obra).

 

Proxecto Patio: Situación actual, aportacións e propostas.

 

Encontro que terá lugar o xoves día 3 de novembro de 2022 ás 16:30h na Sala de Exposicións na Igrexa Parroquial Resurrección do Señor do Barrio de las Flores, na rúa Petunias 8, 15008 – A Coruña

D. Francisco Mourelo Barreiro

A Coruña, a 24 de outubro de 2022.

ELECCIONS AO CONSELLO ESCOLAR

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR - SORTEO CONSTITUCIÓN DA XUNTA ELECTORAL

Estimados membros da Comunidade Educativa do CEIP Ramón de la Sagra.

Como xa foi informado o Claustro e Consello Escolar sobre a Resolución do 19/9/22 (DOG 30/10/22), realizarase en breve a renovación do Consello Escolar dos/as representantes dos sectores correspondentes.

No documento anexo teñen información de que o mércores 26 ás 13:00h, realizarase o sorteo para elixir aos membros que a compoñen.

Grazas pola súa participación neste proceso no que todas as informacións poderán ir consultándoas nesta páx. web.

A dirección.

AMPLIACIÓN AXUDAS VALES MATERIAL ESCOLAR

 

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS BENEFICIARIAS DE AXUDAS  DE MATERIAL

Estimadas familias:

Acaba de publicarse no DOG de hoxe, venres 5 de outubro de 2022 a resolución do 5/10/22 de concesión directa da axuda para adquirir material escolar regulada na O. 29/4/22.

Segundo isto, poderán vir recoller a ampliación de axuda directa, a partires do martes 18 de outubro de 2022 en horario de secretaría (das 9:15h ás 11:20h e das 12:10h ás 13:30h).

https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia/mostrarContenido.do?paginaCompleta=false&idEstado=5&rutaRelativa=true&ruta=/2022/20221014/Secciones2_gl.html

Saúdos.

A dirección

XA PODEMOS VOTAR A NOSA PROPOSTA!

Estimadas familias,

Xa é posible apoiar a nosa proposta de naturalización e humanización do espazo escolar nos presupostos participativos do Concello da Coruña. Para facelo é preciso rexistrarse na web do Concello da Coruña, verificar a vosa conta e premer en APOIAR no enlace ao que vos levará a seguinte imaxe: 

Todas e todos xuntos podemos logralo!

UN PATIO URBANO VERDE E HUMANIZADO PARA O CEIP RAMÓN DE LA SAGRA

A comunidade educativa do noso centro quere naturalizar e humanizar o espazo escolar. Por esta razón, fixemos unha proposta de investimento nos presupostos participativos do Concello da Coruña. Máis información premendo na imaxe:

 

Distribuir contido


by Dr. Radut