RESERVA DE PRAZA ALUMNADO 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Prezadas familias:

Charla formativa de Sogama para o alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria

O luns 16 de xaneiro, o alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria recibiu unha interesante formación sobre a reciclaxe, proposta por Sogama.

Entrega de premios da I Liga de Indiaka

O venres 13 de xaneiro levouse a cabo a entrega de premios aos gañadores da I Liga de Indiaka. Aquí tedes as imaxes!

Equipo gañador do 1º Ciclo: As estrelas

Equipo gañador do 2º Ciclo: Ratas de Alcantarilla

Christmas crackers

A mestra Luz e a auxiliar de conversa Charlotte, idearon para este período de Nadal uns crackers moi reciclados. no seguinte vídeo podedes ver o proceso de elaboración e o resultado final. Good job!

 

Recomendacións lectoras da Falconteca

Aquí tedes uns trípticos coas recomedacións lectoras, establecidas por niveis, feitas pola Falconteca. Agora, toca poñerse a ler!

Contacontos 3º e 4º de Primaria: O misterio do ourizo máxico

O martes 20 de decembro, o alumnado de 3º e 4º de Primaria, desfrutou dunha sesión de contacontos: "O misterio do ourizo máxico".

Actividades no Castro de Viladonga

Aquí tedes unha pequena mostra das actividades levadas a cabo nas dúas saídas ao Museo do Castro de Viladonga.

25 Novembro no CEIP Ramón Falcón

Aquí tedes o vídeo-resumo das actividades levadas a cabo polo 25 de novembro en contra da violencia de xénero. Un lapbook que recolle unha analoxía entre o proceso de reciclado do vidro e as actitudes positivas para erradicar a violencia de xénero. 

Visita ao MIHL polo alumnado de Educación Infantil e de 1º e 2º de Primaria

Aquí tedes un pequeno resumo sobre a visita do alumnado máis pequecho do CEIP Ramón Falcón ao MIHL, museo situado na cidade de Lugo. Esperemos que vos guste.

Visita ao rocódromo da cidade de Lugo

O luns 21 de novembro de 2022, o alumnado de 3º a 6º de Primaria, desfrutou das instalacións do rocódromo da cidade de Lugo. Alí puxeron a proba as súas capacidades físicas mediante a escalada. Aquí tedes un pequeno resumo.