Formación para o alumnado na radio e na creación de podcast

O luns 28 de marzo, o alumnado de 5º e 6º de Primaria, recibiu unha formación sobre o funcionamento da radio escolar e a creación de podcast, a cargo da profesional da cadena SER, Sara Meijide. Aquí tedes unhas fotos do evento e tamén os podcast que o alumnado creou. Esperemos que vos guste!

 

8 marzo: día internacional da muller

O día 8 de marzo, no colexio celebramos o día internacional da muller realizando varias actividades:

PROXECIÓN DO DOCUMENTAL "AS NOSAS MULLERES"

Un fermoso documental sobre a vida de diferentes mulleres do concello de Castro de Rei.

Aquí podedes ver o recorte do xornal sobre este interesante documental.

Entroido 2022

Presentación sobre a feira deportiva do Entroido 2022. Esperemos que vos guste!

Período de admisión para o curso 2022 - 2023

Durante este mes de marzo, ábrese o período de admisión para o vindeiro curso 2022-2023. Dende o CEIP Ramón Falcón, presentámosvos este poster informativo dos servizos e programas dos que dispón o centro.

Semana deportiva de Entroido

Durante a semana anterior á celebración do Entroido, o noso meco particular mandará unha serie de ordes diarias relacionadas con diferentes deportes para vir ao colexio de gala.

Luns: atletismo

Martes: natación

Mércores: esquí

Xoves: calquer deporte con implemento

Venres: temática libre

Saída ao Rocódoromo

O venres 12 de febreiro, o alumnado de 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria, desfrutou da actividade do rocódromo na cidade de Lugo. Guiados por 3 monitores, aprenderon as técnicas básicas da escalada e os elementos de seguridade. Pasárono xenial!

Protocolo COVID-19 para os centros educativos

Aquí podedes ver unhas diapositivas, a modo de resumo, do protocolo COVID para os centros escolares.

NOVO Protocolo de vixiancia e control epidemiolóxico fronte ao COVID no ámbito educativo

Adxúntase novo protocolo de vixiancia e control epidemiolóxico fronte ao COVID no ámbito educativo.

Resultados finais I Liga de Cornhole

Mural cós resultados finais da primeira liga de cornhole.

Christmas time

A mestra Luz e o alumnado do colexio felicitánnos o nadal e o vindeiro ano dun xeito moi "special".