Visita dos xogadores do CB Breogán de Lugo

O martes 24 de xaneiro, o alemán Justus Hollatz e o serbio Nemanja Nenadic, xogadores do Clube baloncesto Breogán de Lugo, acudiron ao noso centro.

Para comezar, presentarónse en perfecto castelán. Logo, respostaron a todas as cuestións realizadas en inglés polo alumnado: deportes favoritos, tipo de alimentación, número de pé, equipos favoritos da NBA...

Para rematar, fixemos unha foto de familia e asinaron moitos autógrafos. 

Esperemos que esta visita serva para darlles moita sorte no que resta de tempada.