RESERVA DE PRAZA ALUMNADO 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Prezadas familias:

Dende o día 16 de xaneiro, e ata o día 6 de febreiro, as familias do alumnado de 6º de Educación Primaria podedes solicitar RESERVA DE PRAZA no IES da Terra Chá, José Trapero Pardo, instituto ao que está adscrito o noso centro.

Pódese cumprimentar a solicitude de xeito manual ou a través da seguinte aplicación:

htttps://www.edu.xunta.xunta.gal/admisionalumnado/

seguindo o menú: Solicitudes>Reserva>Crear.

Esta solicitude deberase presentar no CENTRO EDUCATIVO DE ORIXE (no noso) ou en calquera dos lugares que establece a lei 39/201, do 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común, incluída a SEDE ELECTRÓNICA, para o que se precisará a Chave365 ou certificado dixital.

No caso de escoller a presentación no centro, podedes descargar o impreso da solicitude nesta mesma entrada da páxina web ou cubrindo o impreso entrado aos nenos e nenas.

Calquera dúbida, non dudedes en consultala.

Un saúdo

A dirección

AdxuntoTamaño
ED550A-C.pdf1.34 MB