I Liga de Indiaka

Comeza o mes de novembro e con el a primeira liga de Indiaka nos períodos de ocio.

Para comezar, cada equipo elaborou os seus escudos representativos e o seu nome para colgalos no mural onde cada semana aparecerán os distintos enfrontamentos.

Despois de todos os preparativos, comezaron os enfrontamentos entre os distintos equipos.

En cada enfrontamento, hai un alumno ou alumna que exerce as funcións de árbitro (toma decisións, anota os puntos ...).

Esperemos que o pasedes ben e desfrutedes xogando á Indiaka!