Concerto didáctico na biblioteca do Concello e masterclass de pesca no río Azúmara

O luns 30 de maio, todos os cursos do colexio, visitaron a biblioteca do Concello de Castro de Rei para asistir a un concerto didáctico impartido por Xoán Curiel, onde foron protagonistas o ukelele, a guitarra e varios instrumentos non tan convencionais para contar a historia da súa vida coa música.

O xoves 2 de xuño, na área recreativa do río Azúmara, un experto pescador profesional, David Arcay, impartiu, aos cursos de 5º e 6º de Primaria, unha masterclass sobre pesca sen morte.