Patios dinámicos e activos

Ao comezo do mes de outubro, retomamos a iniciativa dos patios dinámicos e activos no noso centro.

En Educación Infantil, dispoñemos de material (pelotas e cabalos saltaríns) durante todos os períodos de lecer. Un día á semana, tamén empregarán outro tipo de materiais de psicomotricidade e/ou realizaremos sesións de baile.

En Educación Primaria, cada curso dispón dunha caixa con diverso material (balóns, cordas, xogos de habilidade...) que pode empregar durante os seus recreos. Cada curso é responsable dun axeitado uso e conservación do material.

Nas catro esquinas do pavillón do centro, tamén teñen diferentes xogos pintados no chan como a mariola, o tres en raia ou unha especie de twister.