Entroido 2021

Este Entroido atípico, o CEIP Ramón Falcón celebrouno durante unha semana cós mandados do Meco: o luns algo na cabeza, o martes algo do revés, o mércores algo no corpo, o xoves algo nos pés e o venres disfrazados ou coa roupa de durmir.

Tamén, elaboramos un mural coas máscaras e mascarillas decoradas polo alumnado. Esperemos que vos guste!